Célula nai: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 30:
[[Ficheiro:Human embryonic stem cells.png|250px|righr|miniatura|Células nai embrionarias.]]
En bioloxía empréganse basicamente dous tipos de células nai.
* '''Célula nai embrionaria''' (''pluripotentes''): na actualidade son empregadas coma modelo para estudar o [[desenvolvemento embrionario]] e para entender cales son os mecanismos e os sinais que permiten a unha célula pluripotente chegar a formar calquera célula plenamente diferenciada do organismo. É frecuente na actualidade que se conxele a placenta do bebé, xa que no futuro sería unha importante fonte de células nai.
* '''Célula nai adulta''': nun individuo adulto coñécense até o de agora ao redor de 20 tipos distintos de células ani, que son as encargadas de rexenerar tecidos en continuo desgaste (como a [[pel]] ou o [[sangue]]) ou danados (coma o [[fígado]]). A súa capacidade é máis limitada para xerar células especializadas. As células nai [[hematopoese]] da medula ósea (encargadas da formación do sangue) son as máis coñecidas e empregadas na clínica dende hai tempo. Na mesma medula, aínda que tamén no sangue do [[cordón umbilical]], no sangue periférico e na [[graxa]] corporal atopouse outro tipo de célula nai, denominada [[tecido mesenquimático|mesenquimal]] que pode diferenciarse en numerosos tipos de células dos tres derivados embrionarios (musculares, vasculares, nerviosas, hematopoéticas, óseas etc.). Aínda que aínda non se puido determinar a súa relevancia fisiolóxica estanse a realizar abundantes ensaios clínicos para substituír tecidos danados ([[corazón]]) por derivados destas células.
As células nai poderíanse empregar para testar e probar medicamentos en tecidos antes de se aplicaren a humanos. Os campos máis avanzados nos que se emprega a célula nai atópanse na [[enxeñaría tisular]], sobre todo en tecidos epiteliais ou óseos, ademais do sangue.