Vértebra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 36:
 
==Embrioxénese==
Durante os catro primeiros meses de [[desenvolvemento embrionario]] o [[esclerotomo]] cambia a súa posición para rodear a [[medula espiñal]] e o [[notocordio]]. O esclerotomo é formado a partir do [[mesoderma]] e orixínase na parte ventromedial dos [[somita]]s. Esta columna de tecido ten unha aparencia segmentada, con partes alternadas de áreas densas e menos densas.
 
A medida que o esclerotomo se desenvolve, condénsase máis e empézase a conformar o que se chama o corpo vertebral. O desenvolvemento das formas adecuadas dos corpos vertebrais está regulado polos [[xenes de tipo HOX]]. A parte menos densa que se separa do esclerotomo durante o desenvolvemento acaba converténdose nos discos intervertebrais.