Diferenzas entre revisións de «Cor dos ollos»

 
[[Ficheiro:PartialHeterochromia.jpg|miniatura|dereita|Exemplo de heterocromía sectorial. O ollo é verde pero ten unha parte castaña.]]
Cómpre distinguir entre quimeras xenéticas e mosaicos xenéticos. Unha [[quimera (xenética)|quimera xenética]] orixinouse pola fusión de dous embrións distintos en fases moi temperás, e pode ter unha cor distinta en cada ollo do mesmo xeito que tamén a poden ter dous irmáns (que resultarían se os dous embrións non se tivesen fusionado), proqueporque cada célula leva diferentes xenes para a cor dos ollos. Un [[mosaico xenético]] procede dun só embrión, e pode ter diferentes cores en cada ollo se se produciu unha mutación nalgunha célula durante o seu [[embrioxénese humana|desenvolvemento embrionario]] que afectou por casualidade a un xene para a cor dos ollos, e que herdan só as células que derivan da mutante.
 
Hai moitas outras razóns posibles para ter ollos de diferente cor. Por exemplo, o cantante [[David Bowie]] parece ter ollos de diferente cor debido a un dano ocular que lle causa que teña unha pupila permanentemente dilatada. Outra idea sobre como pode orixinarse a heterocromía é que unha infección durante o período fetal active ou desactive un xene para a cor dos ollos só nun ollo. Nalgúns casos pode ser tamén signo dunha enfermidade grave.
176.657

edicións