Ciencia medieval: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Renacemento: arranxiño
Liña 256:
[[Ficheiro:Septem-artes-liberales Herrad-von-Landsberg Hortus-deliciarum 1180.jpg|miniatura|dereita|A filosofía entre as sete ''[[Artes Liberais]]'' (ca. 1180).]]
 
Durante os tempos confusos da disolución do Imperio Romano de Occidente e dos primeiros séculos da Idade Media, perdérase moito da cultura clásica, pero o declive cultural sería máis intenso se non fose polo monasticismo, máis especificamente pola acción dos [[monxe|monxes copistas]]. É verdade que os textos en grego xa non estaban máis accesíbeis polo esquecemento do idioma e que os escritos que pasaban polo traballoso proceso de copia manual eran seleccionados de acordo coa importancia que lles daban os relixiosos. A Igrexa tamén estivo a cargo da estrutura educacionaleducativa, ou polo menos supervisando a mesma.
 
Cando [[Carlomagno]] chamou o monxe [[Alcuíno]] para elaborar unha reforma na educación europea, a Igrexa permaneceu responsábel tanto polas ''escolas monacais'' como polas ''escolas catedralicias''. A maioría das universidades nos séculos XII e XIII xurdiron precisamente de escolas ligadas ás [[catedral|catedrais]] e funcionaban baixo a protección da xurisdición eclesiástica.