Amniotas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 49:
Os primeiros amniotas, como por exemplo a especie ''[[Casineria kiddi]]'', que vivíu hai cerca de 340 millóns de anos, asemellaban pequenos [[lagarto]]s. Os seus ovos eran pequenos e cubertos dunha membrana grosa. A pesar de que algúns [[anfibio]]s modernos fixeran a posta en terra, eles carecían da característica de posuír o amnio. Este tipo de ovo só se tornou posíbel debido ao xurdimento da [[fertilización]] interna. A membrana exterior serviu de envoltorio como unha protección contra os ambientes menos propicios existentes en terra, á medida que as especies evolucionaban para ter a posta en terra que resultaba máis segura que o ambiente acuático. Pódese asumir que os antepasados dos amniotas puñan os seus ovos en lugares húmidos. Así, os animais de pequeno porte non tiñan gran dificultade en atopar lugares axeitados para a posta.
 
Nos [[peixes]] e nos anfibios só existe unha membrana interna, tamén chamada membrana embrionaria. Nos amniotas, a anatomia interna do ovo evolucionou algo máis. Novas estruturas desenvolvéronse para tratar cos gases e cos residuos de excreción. Para que se desenvolvesen cascas de ovos máis grosas e resistentes, non había outra alternativa que encontrar novas maneiras de fornecer osíxeno ao [[embrión]], xa que a simple difusión dos gases era insuficiente. Despois de que o ovo tivera desenvolvidas estas estruturas, foi posíbel unha maior sofisticación que permitiu que eles poidesen ser de maiores dimensións e poidesen ser postos en lugares menos húmidos. Ovos maiores significan animais nacidos de maiores dimensións e adultos maiores significan ovos maiores: os amniotas tiñan así a oportunidade de podérense tornar animais de maiores dimensións, en comparación cos seus antepasados. Mais o crecemento real e efectivo non era o maior posíbel, visto que a súa alimentación aínda se baseaba en pequenos [[invertebrado]]s: tiveron que comezar a se alimentar de [[Plantae|plantas]] e de outros [[vertebrado]]s. A exploración de novos [[habitathábitat]]s que a conquista da terra significou e o progresivo aumento das dimensións corporais, significou outro paso evolutivo para os amniotas, tanto en termos de comportamento como anatómicos.
 
Existen tres tipos principais de amniotas, que poden diferenciarse pola estrutura do [[esqueleto]] e en particular, polo número de aberturas temporais detrás do ollo. Nos [[anapsida|anápsidos]] non existe ningunha abertura, nos [[Synapsida|sinápsidos]] existe unha e na maioria dos dispsídeos existen dúas.