Animais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m ligazón máis específica
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 274:
 
==== Teoría colonial ====
A teoría máis aceptada é a que postula que os metazoos tiveron unha orixe colonial a partir dos [[Choanoflagellata|coanoflaxelados]], un pequeno grupo de [[flaxelado|mastigóforos]] monoflaxelados; algúns son individuais, e outros coloniais. Dita teoría vése avalada tanto por datos moleculares ([[ARN ribosómico]]) como morfolóxicos (as [[mitocondria]]s e as raíces [[Flaxelo|flaxelares]] son moi semellantes nos metazoos e nos coanoflaxelados, e un certo número de metazoos presenta células tipo [[coanocito]], e os [[espermatozoide]]s son uniflagelados na maior parte deles). Os seguidores desta teoría inclúen o filo ''[[Choanozoa]]'' no reino animal, en contraposición ao resto de animais, os metazoos. O antecesor dos metazoos sería unha [[Colonia (bioloxía)|colonia]] oca e esférica de ditos flaxelados; as [[célula]]s sería uniflaxeladas na superficie externa; a colonia tería un eixe anteroposterior, e os organismos nadarían co polo anterior cara a adiante; entre as [[Célula somática|células somáticas]] existirían algunhas [[gameto|células reprodutoras]]. Este estado hipotético denominouse ''[[blastaea]]'', créndose que é o reflexo do estado de [[blástula]] que se produce no desenvolvemento de todos os animais. Por tanto, esta teoría considera que os animais evolucionaron de [[protozoo]]s [[flaxelado]]s. O seus parentes vivos máis próximos son os coanoflaxelados, flaxelados coa mesma estrutura que certo tipo de células das [[Poríferos|esponxas]]. Estudos moleculares sitúanos no supergrupo dos [[Opisthokonta|opistocontos]], que tamén inclúe aos [[fungo (bioloxía)|fungos]] e a pequenos [[protista]]s [[parasito|parasitarios]] emparentados con estes. O nombrenome vén da localización traseira do flaxelo nas células móbiles, como en moitos [[espermatozoide]]s animais, mentres que outros eucariontes teñen flaxelos dianteros ([[acrocontos]]).
 
==== Teoría simbiótica ====