Estómago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 36:
O [[esfínter esofáxico|cardias]] (extremo por onde penetra o esófago) sitáse á altura da [[vértebra]] D11, e o [[píloro]] á da L1. Porén, hai certa variación entre uns individuos e outros.
 
O esófago determina a [[incisura cardial]], que serve de [[válvula]] para previr o refluxo gastroesofáxico. Cara á esquerda e arriba (baixo a cúpula diafragmática) exténdeseesténdese o fondo, ocupado por aire e visible nas radiografías simples. Continúa co corpo, porción alongada que pode "pender" máis ou menos no abdome. Despois segue un traxecto máis ou menos horizontal e cara á dereita, para continuar coa porción pilórica, que consta do antro pilórico e do conduto pilórico separado do dudeno polo [[esfínter pilórico]]. Neste punto a parede engrósase de modo considerable pola presenza de abundantes fibras circulares da capa muscular que forman o [[esfínter]] pilórico.
 
A forma aplanada do estómago en repouso determina a presenza dunha cara anterior, visible no ''situs abdominis'', e unha cara posterior que mira a transcavidade dos [[epiplón]]s (cavidade omental), situada detrás. Así mesmo, determina a presenza dunha marxe inferior (curvatura maior) que mira abaixo e á esquerda, e unha marxe superior (curvatura menor) que mira arriba e á dereita. Como consecuencia dos xiros do estómago en período embrionario, pola curvatura maior continúa o estómago co omento (epiplón) maior, e a menor co omento (epiplón) menor.