Estómago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 25:
 
== Embrioloxía do estómago ==
A súa forma e disposición no [[corpo humano]] veñen predispostas polo seu [[desenvolvemento embrionario]]. O estómago comeza no segundo mes de xestación coma unha simple dilatación do [[intestino anterior]]. A continuación sofre unha rotación sobre un eixo lonxitudinal, facéndose a cara esquerda do estómago anterior, e a parte dereita posterior. Por esta razón o [[tronco vagal]] do lado esquerdo, que no [[tórax]] descende polo lado esquerdo do [[esófago]], pasa a unha localización anterior, mentres que o dereito se sitúa no estómago na parte posterior. O estómago ten ademais outra rotación sobre un eixo posterior, de tal xeito que a parte inferior, por onde continúa co [[duodeno]], ascende colocándose á dereita, baixo o [[fígado]]. Nesa fase embrionaria o estómago ten un meso na parte posterior (mesogastrio dorsal) e outro na parte anterior (mesogastrio ventral), que chega até a porción superior do [[duodeno]].
 
Ambos mesos tamén sofren as rotacións anteriores, de tal xeito que determinan unha serie de pregos no peritoneo visceral que os recobre. O mesogastrio dorsal forma o omento maior (tras fusionarse co meso do colon transverso), o que determina o peche pola parte inferior da bolsa omental. O mesogastrio ventral dá orixe ao omento menor, que se estende entre a beira dereita do estómago e a porción superior do duodeno até o [[fígado]] e a [[porta hepática]].