Osíxeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
poño referencia
Liña 57:
Debido á súa reactividade química, o osíxeno non pode permanecer na atmosfera terrestre como elemento libre sen ser reabastecido constantemente pola [[fotosíntese|acción fotosintética]] dos organismos que utilizan a enerxía solar para producir osíxeno. O osíxeno elemental O<sub>2</sub> soamente empezou a acumularse na atmosfera logo da aparición destes organismos, aproximadamente fai 2500 millóns de anos.<ref>{{cita publicación periódica|título=NASA Research Indicates Oxygen on Earth 2.5 Billion Years ago|url=http://www.nasa.gov/home/hqnews/2007/sep/HQ_07215_Timeline_of_Oxygen_on_Earth.html|editor=[[NASA]]|data=27 de setembro de 2007|dataacceso=22 de xullo de 2012|lingua=inglés}}</ref> O [[alótropos do osíxeno|alótropo]] [[ozono]] ({{chem|O|3}}) é un forte absorbente de [[radiación ultravioleta]], e a [[capa de ozono]] a grande altitude da [[Terra]] axuda a protexer a biosfera desta radiación. Porén, o ozono é un axente contaminante preto da superficie terrestre, dándose como produto derivado do [[smog]]. A altitudes de [[órbita baixa terrestre]], o osíxeno atómico presente causa a [[corrosión]] das [[nave espacial|naves espaciais]].<ref>{{cita web|data-acceso=8 de agosto de 2009|url=http://www.spenvis.oma.be/spenvis/help/background/atmosphere/erosion.html|título=Atomic oxygen erosion|url-arquivo= https://web.archive.org/web/20070613121048/http://www.spenvis.oma.be/spenvis/help/background/atmosphere/erosion.html |data-arquivo=13 de xuño de 2007|urlmorta=si}}</ref>
 
O osíxeno foi descuberto de forma independente por [[Carl Wilhelm Scheele]] en [[Uppsala]] polo ano 1773, e por [[Joseph Priestley]] en [[Wiltshire]] no ano 1774,<ref>{{Cita libro|url= https://books.google.com.au/books?id=AzaNwjoduM4C&printsec=frontcover&dq=flogisto&hl=es&sa=X&ved=0ahUKEwjQme_1z_jNAhXKOhQKHSHVDEkQ6AEIHTAA#v=onepage&q=flogisto&f=false |título=Del flogisto al oxígeno|autor=Jhon Cartwright |lingua=es |dataacceso=16 de xullo do 2016}}</ref>pero Priestley adoita nomearse de forma prioritaria xa que a súa obra publicouse primeiro. En 1777 [[Antoine Lavoisier]] deulle o seu nome,<ref name="mellor" /> e grazas os seus experimentos axudou a desacreditar a ata entón popular [[teoría do floxisto]] da [[combustión]] e [[corrosión]]. O nome provén das raíces [[Grego antigo|gregas]] ὀξύς (oksýs) («ácido», literalmente «punzante», en referencia ao [[sabor]] dos [[ácido]]s) e γόνος (-gónos) («produtor», literalmente «enxendrador»), porque na época en que se lle deu esta denominación críase, incorrectamente, que todos os ácidos requirían osíxeno para a súa composición. As aplicacións máis habituais do osíxeno son entre outras o seu uso en [[calefacción]]s residenciais e [[motor de combustión interna|motores de combustión interna]], na produción de [[aceiro]], [[plástico]]s e [[téxtiles]], aplicacións de corte industrial e [[soldadura]] de aceiros e outros metais, como propulsor para [[foguete]]s, para [[terapia de osíxeno|terapias de osíxeno]] e [[sistema de soporte vital|sistemas de soporte vital]] en [[aeronave]]s, [[submarino]]s, [[nave espacial|naves espaciais]] tripuladas e no [[mergullo]].
 
== Características ==