Darwinismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 34:
 
* O transformismo, que é a noción de que as especies van cambiando as súas características ao longo do tempo dunha maneira fundamentalmente gradual. O que agora designa o termo evolucionismo foi sinalado durante moito tempo, ata ben entrado o século XX, como transformismo.
* A noción de que as especies se diversifican, por adaptación a ambientes ou modos de vida diferenciados, ramificándose;. oO outro aspecto do mesmo fenómeno é que todas as especies están emparentadas, aínda que en graos distintos, e en último termo todas as especies teñen a súa orixe común nun remoto [[antepasado común]] único. Desta convición deriva a de que é obrigado intentar clasificar as especies polo seu parentesco ([[filoxenia]]), criterio que debe pasar por encima de calquera outro. Darwin desconfiaba de que este ideal fose alcanzable, aínda que o desenvolvemento recente da [[análise filoxenética]] con ferramentas xenéticas está aproximándose a iso.
* A adaptación ao ambiente que motiva o cambio evolutivo, segundo fora xa proposto con anterioridade por outros autores, como [[Lamarck]], debía ter o seu mecanismo na [[selección natural]], concibida como o resultado de dous factores. Estes son, por un lado, a variabilidade natural hereditaria dos individuos dunha especie e, por outro, a taxa diferencial de éxito reprodutivo, dependente tamén da taxa de supervivencia, entre as distintas variantes xenéticas presentes na poboación.