Diferenzas entre revisións de «Fernando Álvarez de Sotomayor»

== Traxectoria ==
Nado no seo dunha familia burguesa ferrolá, o seu pai morreu cando Fernando era un rapaz. A familia trasladou a súa residencia a Toledo, e nesta cidade desenvolveu a súa vocación ao carón do profesor de debuxo José Gutiérrez e do paisaxista José Vera. En 1893 iniciou en Madrid os seus estudos universitarios; alí coñeceu ao pintor Manuel Domínguez, quen o orientou definitivamente cara a pintura. estudou o bacharelato en Madrid. Intentou seguir varias carreiras, adicándose finalmente por completo á pintura.
[[Ficheiro:Exposición rexional de arte galega. A Coruña 1917.jpg|miniatura|300px|Exposición no [[Palacio de María Pita]], en [[1917]]. De esq. a der., de pé: [[Alfredo Tella|Tella]], [[Manuel Abelenda Zapata|Abelenda]], [[Alejandro Barreiro Noya|Barreiro]], [[Carlos Sobrino Buhigas|Sobrino]], [[Antonio Palacios Ramilo|Palacios]], [[José Seijo Rubio|Seijo]], Sotomayor, [[Francisco Lloréns|Lloréns]], [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao|Castelao]], [[Jesús González Concheiro|Concheiro]], [[José Francés y Sánchez-Heredero|Francés]], [[Emilio Madariaga y Rojo|Madariaga]] (co chapeu nas mans), [[Rafael González Villar|González del Villar]] e dúas persoas sen identificar. Sentados: a muller de Francés, a [[Emilia Pardo Bazán|Pardo Bazán]] e [[Manuel María Puga y Parga|Picadillo]].]]
 
Tras a súa aprendizaxe do obradoiro de Manuel Domínguez, en 1899 gañou unha pensión da [[Escola de San Fernando de Madrid|Escola de San Fernando]] para a Academia de Belas Artes de [[Roma]]. Dende a cidade italiana viaxou a París, Holanda e Bélxica. Iso permitiulle coñecer aos impresionistas franceses e á pintura [[Flandres|flamenga]] e holandesa, que tiveron unha gran influencia na súa obra. Tras retornar a Madrid en 1904, logra a primeira medalla da [[Exposición Nacional de Belas Artes|Exposición Nacional de Belas Artes.]] Con posterioridade obtén outros recoñecementos como o primeiro premio na Exposición Internacional de Barcelona ou a medalla de ouro da Exposición Internacional de Múnic. En 1905 volveu a Galicia, onde foi seducido polo ambiente sinxelo da vida aldeá e preparou a súa serie de temas galaicos. Nesta etapa figuran obras como ''O segador'', ''Saíndo de misa no pazo de Mende'' e ''Comida de voda en Bergantiños''.
 
[[Ficheiro:Exposición rexional de arte galega. A Coruña 1917.jpg|miniatura|300px|Exposición rexional de [[arte galega]]. [[1917]].]]
En 1908 instalouse en [[Santiago de Chile]], de cuxa Escola Superior de Belas Artes foi director ata o seu regreso a España en 1915. En [[Chile]] a súa influencia foi fundamental, aínda que só viviu seis anos nese país. Coas súas clases primeiro e despois como director da Escola de Belas Artes, deixou unha pegada orixinal favorecendo os temas populares e a impronta peninsular na primeira xeración de artistas chilenos coñecida como a "Xeración do 13". Tras a súa volta, en España desenvolveu unha importante carreira artística que o converteu nun dos máis importantes e influentes personaxes do medio artístico oficial. Pódeselle considerar o pintor da Corte de [[Afonso XIII de España|Afonso XIII]], e chegou a dirixir o [[Museo do Prado]] en diversos períodos (entre 1922 e 1931, e trala [[guerra civil española]], de 1939 ata a súa morte no ano 1960) e a [[Academia de Belas Artes de San Fernando]] a partir do ano 1953. En 1938 foi designado alcalde da [[A Coruña|Coruña]]<ref>[https://www.museodelprado.es/enciclopedia/enciclopedia-on-line/voz/alvarez-de-sotomayor-y-zaragoza-fernando/], Álvarez de Sotomayor y Zaragoza, Fernando na Enciclopedia online do [[Museo del Prado]]</ref> e, máis adiante, procurador nas Cortes españolas. .
 
201.762

edicións