Alcuíno de York: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: Humanismo (filosofía)
m →‎Traxectoria: arranxiño
Liña 7:
Entre [[782]] e [[790]], Alcuíno tutelou ao rei dos [[francos]], a súa familia, os xoves que foran enviados á corte para seren educados e os clérigos novos vinculados coa capela do palacio. Fundou así o Palacio-escola (''[[Aula Palatina]]'') de [[Aix-la-Chapelle]], no cal se ensinaban as sete artes liberais: o ''[[trivium]]'' ([[gramática]], [[lóxica]] e [[retórica]]) e o ''[[quadrivium]]'' ([[aritmética]], [[xeometría]], [[astronomía]], e [[música]]). En 790, Alcuin retornou a Inglaterra, pero volveu ao lado de Carlomagno cando este lle pediu axuda na loita contra a herexía [[Adopcionismo|adopcionista]], que se estendía entón polo norte da [[Península Ibérica]]. No [[Concilio de Francfurt]], en [[794]], Alcuíno defendeu a ortodoxia e obtivo a condena do herexe Felix de Urgel. Volveu para a súa terra, pero abandonouna definitivamente debido aos disturbios que se estaban a producir e que conduciron á morte do rei [[Ethelred]].
 
Alcuíno pasou os seus últimos anos na abadía de [[San Martín[[Martiño de Tours]]. Converteu a escola abacial nun modelo de excelencia e a ela acudiron moitos estudantes. Mandou copiar numerosos manuscritos e transmitiulles aos francos o coñecemento da cultura latina que se conservara nas [[Illas Británicas]].
 
Alcuíno escribiu moitas cartas, sobre todo a Arno, bispo de [[Salzburgo]] e a [[Carlomagno]]. Consérvanse 311, que mostran as súas meditacións pías, fornecen abondosa información sobre as condicións literarias e sociais da época e constitúen a autoridade máis fiábel para a historia do [[Humanismo (filosofía)|humanismo]] na época carolinxia. Cultivou tamén a poesía: [[epístilo]]s no estilo de [[Fortunato]], poemas longos e unha historia en verso da igrexa de York, ''Versus de patribus, regibus et sanctis Eboracensis ecclesiae''. Débenselle tamén manuais educativos: unha gramática e obras de retórica e dialéctica escritas en forma de diálogo (nas dúas últimas entre Carlomagno e o propio Alcuíno). Escribiu así mesmo varios tratados teolóxicos, como ''De fide Trinitates'', comentarios sobre a [[Biblia]] etc.