Factor biótico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:
* Descompoñedores: consomen os detritos deixados por outros seres vivos, e son os [[fungo (bioloxía)|fungos]] e microorganismos como as [[bacterias]]. Son fundamentais para degradar os restos orgánicos e pechar os ciclos bioxeoquímicos, que permiten reutilizar a materia.
 
Os seres vivos inflúen noutros tanto da súa especie coma doutras especies mediante as relacións intraespecíficas (familias, rabaños, colonias etc.) e interespecíficas ([[depredación]], [[parasitismo]], [[comensalismo]], [[simbiose]], [[antibiose]] etc.) que establecen entre eles. Todas as especies están influenciadas polos factores bióticos dun modo ou outro. Por exemplo, se se incrementa o número de depredadores, toda a rede trófica se ve afectada: diminuirán os herbívoros que eran as súas presas, aumentarán os produtores xa que hai menos herbívoros que os coman, e co tempo a escasez de presas herbívoras repercutirá nos predadores. Os humanos xeran grandes e rápidos cambios no medio ambiente que causan a alteración de moitos hábitats. Unha [[especie invasora]] que entra nun ecosistema introduce un novo factor biótico ao que os demais organismos terán que adaptarse.
 
== Notas ==