Noruega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 63:
Existen dúas formas de [[lingua norueguesa]] [[escrita]], o [[bokmål]] e o [[nynorsk]], así pois o nome oficial de Noruega é ''Kongeriket Norge'', na primeira normativa e ''Kongeriket Noreg'' na segunda. Ademais do noruegués no país tamén se falan as [[linguas saami]] e o [[lingua finesa|finés]], sendo o nome nestas linguas ''Norga'' ou ''Norgga gonagasriika'' en [[Lingua saami setentrional|saami setentrional]], ''Vuodna'' ou ''Vuona gånågisrijkka'' en [[Lingua saami de Lule|saami de Lule]], ''Nøørje'' ou ''Nøørjen gånkarijhke'' en [[Lingua saami meridional|saami meridional]] e ''Norja'' ou ''Norjan kuningaskunta'' en [[lingua finesa|finlandés]].
 
O nome usual de Noruega no [[antigo nórdico]] era ''Noregr'', ''Nord veg'' ou ''Norð vegri'', que quere dicir "ruta do norte" ou "camiño cara oao norte". No [[lingua latina|latín medieval]] o nome utilizado era ''Nor(th)vegia'' e en saxón antigo ''Norþ weg''. O nórdico antigo e o [[nynorsk]] teñen bastantes similitudes cunha palabra do [[Linguas saamis|saami]] antigo que significa "ao longo da costa" ou "ao longo do mar", que se escribe ''nuorrek'' no actual [[Lingua saami de Lule|saami de Lule]]. A presenza de dito arcaísmo é empregado por outros estudosos para estabelecer que a palabra saami é aborixe e non foi tomada das linguas nor-xermánicas. A primeira evidencia escrita do emprego da verba "Noruega" data do [[século IX]] nunha tradución en [[lingua anglosaxoa|anglosaxón]] dun libro de [[Paulo Orosio]], "Sete libros de historia en contra dos pagáns". A tradución foi feita polo rei Alfredo o Grande de [[Wessex]] para incluír un reconto seu das viaxes de Ohthere de Hålogaland, unha aventura viquinga.
 
== Historia ==
Liña 274:
En Noruega hai 96 asentamentos con status de cidade. Na meirande parte dos casos os límites das cidades son lindeiros aos dos seus concellos. Often, Norwegian city municipalities include large non-built up areas; for example, Oslo municipality contains large forests, located north and south-east of the city, and over half of Bergen municipality consists of mountaineous areas. The ten largest municipalities with city status in Norway are (as of 1 July 2009):
 
A miúdo, os concellos inclúen grandes extensiónextensións de terreos non urbanizados, por exemplo o concello de Oslo inclúe grandes fragas situadas ao norte e sueste da cidade, e maismáis da metade do concello de Bergen posúe en áreas montañosas. Os dez concellos máis grandes co status de cidade en Noruega son (a [[1 de xullo]] de [[2009]]):<ref>[http://www.ssb.no/folkendrkv/ Kvartalsvise befolkningsendringer, Statistisk sentralbyrå]</ref>
 
{{Cidades de Noruega}}
Liña 311:
== Economía ==
[[Ficheiro:StatfjordA(Jarvin1982).jpg|miniatura|[[Stavanger]], "capital" petrolífera do país.]]
[[Ficheiro:Ewf 7092 noorwegen 2007.jpg|miniatura|O [[bacallau]] ten sido exportandoexportado dende [[Lofoten]] dende fai máis de 1000 anos.]]
{{Artigo principal|Economía de Noruega}}
A economía norueguesa é próspera, co [[capitalismo]] de benestar caracterizado por unha combinación da actividade do mercado libre coa intervención do goberno. As áreas chave están baixo o control do goberno, tales como o sector vital do [[petróleo]], ou as empresas de estado en gran destaque. O país está dotado de ricos [[recurso natural|recursos naturais]], petróleo, [[enerxía hidroeléctrica]], [[peixe]]s e [[mineral|minerais]], sendo altamente dependente da súa produción e dos prezos internacionais do petróleo. En [[1999]], o petróleo e o gas sumaron o 35% das exportacións, sendo soamente [[Arabia Saudita]] e [[Rusia]] os únicos países que exportaron máis petróleo cá Noruega.