Fernando Lugo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 1:
[[Ficheiro:Fernando lugo.jpg|miniatura|dereita|Fernando Lugo.]]
'''Fernando Lugo''', nado en [[San Solano]] ([[Paraguai]]) o [[30 de maio]] de [[1951]], é un [[político]] [[paraguai]]o e [[bispo]] da [[Igrexa Católica]].
 
Membro da [[Alianza Patriótica para o Cambio]], foi elixido presidente da República do Paraguai o [[20 de abril]] de [[2008]], co 40,8 % dos votos fronte o 30,8 % de sufraxios obtidos polo súa principal rival, [[Blanca Ovelar]], da [[Asociación Nacional Republicana (Paraguai)|Asociación Nacional Republicana]], máis coñecido como [[Asociación Nacional Republicana (Paraguai)|Partido Colorado]]. Poñéndolle fin deste xeito a 61 anos de goberno Colorado<ref>http://www.galiciae.com/nova/9818.html Fernando Lugo pon fin a 61 anos de goberno conservador en Paraguai</ref>.
 
Na altura de se presentar ás eleccións, solicitou da [[Santa Sede]] o ser reducido ao estado [[laico]], pero foille negado; por contra a [[Santa Sede]] reaccionou [[suspensión (dereito canónico)|suspendéndoo]].<ref>[http://www.catholicnews.com/data/stories/cns/0700644.htm Catholic news service]</ref>
 
== Traxectoria ==
Liña 11:
 
=== Vida relixiosa ===
Aos 19 anos, con grandegran dó de seu pai, escolleu ingresar no seminario, en [[1971]], na comunidade da [[Sociedade do Verbo Divino|Misioneiros do Verbo Divino]], integrado na Universidade católica de Nosa Señora da [[Asunción]], de [[Asunción]]. a capital do país, na que obtivo a licenciatura en Teoloxía. Foi ordenado [[sacerdote]] o 15 de agosto de 1977. Como [[misioneiro]], marchou de seguido para [[Ecuador]], traballando alí na provincia de Bolívar até 1982, en contacto con as capas máis desfavorecidas da sociedade. Tal experiencia válelle na actualidade o sobrenome de « bispo dos pobres ».
 
Expulsado do Paraguai polo réxime de [[Stroessner]], porque os seus sermóns eran cualificados de subversivos polas autoridades ditatoriais, estivo catro anos exiliado en [[Roma]], onde en 1983 estuda Socioloxía (obtendo a licenciatura na carreira, con especialización na doutrina social da Igrexa) e Teoloxía na [[Universidade Pontificia Gregoriana]]. Antes de regresar ao seu país, o 17 de abril de [[1994]], foi nomeado bispo de [[San Pedro de Ycuamandyyú]], na rexión máis pobre do país.
Liña 20:
Lugo revelouse á escena política en marzo de [[2006]], cando en [[Asunción]] se puxo á cabeza dunha manifestación para protestar contra [[Nicanor Duarte]], presidente da República en exercicio, que quería presentarse para un segundo mandato, acción prohibida pola Constitución do país.
 
Tal militancia política levou á ruptura con a hierarquíaxerarquía católica, ao prohibir o [[dereito canónico]] o exercicio do [[poder temporal]] aos eclesiásticos. Logo de 35 anos de cargos eclesiais, renunciou ao seu arcebispado en decembro de 2006.
 
Os poderes exercentes tentaron entón de presentalo como un perigoso comunista, parangonándoo con o presidente [[Bolivia|boliviano]], [[Evo Morales]], ou mesmo con [[Hugo Chavez]] de [[Venezuéla]]. De feito, Lugo pertence á esquerda moderada, e máis se se ten en conta a súa alianza con o partido liberal paraguaio, un partido centrista historicamente, oposto ao partido no poder, mais que non ten nada de revolucionario. Máis que de « esquerdista », Lugo prefire autocalificarse de « progresista ». Declárase próximo do presidente brasileiro [[Luiz Inácio Lula da Silva|Lula]].