Estatina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}}); cambios estética
Sen resumo de edición
Liña 226:
Un grupo británico illou o mesmo composto de ''Penicillium brevicompactum'', e deulle o nome de [[compactina]], e publicou o seu informe en 1976.<ref>{{cite journal | author = Brown Alian G., Smale Terry C., King Trevor J., Hasenkamp Rainer, Thompson Ronald H. | year = 1976| title = Crystal and Molecular Structure of Compactin, a New Antifungal Metabolite from Penicillium brevicompactum | url = | journal = J. Chem. Soc., Perkin Trans. 1 | volume = 1976 | issue = | pages = 1165–1170 | doi = 10.1039/P19760001165 | pmid=945291}}</ref> O grupo británico mencionou as propiedades antifúnxicas do produto, pero non fixo mención á inhibición da HMG-CoA redutase.
 
A mevastatina nunca foi comercializada debido aos seus efectos secundarios adversos sobre tumores, deterioración muscular, e ás veces a morte de cans de laboratorio. [[P. Roy Vagelos]], científico xefe e posteriormente director executivo de [[Merck & Co]], estaba interesado neste produto, e fixo varias viaxes aao Xapón desde 1975. En 1978, Merck illara a [[lovastatina]] (mevinolina, MK803) do fungo ''[[Aspergillus terreus]]'', que se comercializou en 1987 como Mevacor.<ref name=Simons>Simons, John. [http://money.cnn.com/magazines/fortune/fortune_archive/2003/01/20/335643 "The $10 billion pill"], ''Fortune'' magazine, January 20, 2003.</ref>
 
Xa se suxerira unha ligazón entre o colesterol e as doenzas cardiovasculares, que se chamou [[hipótese lipídica]]. O colesterol é o principal constituínte do [[ateroma]], os nódulos de graxa que se forman nas paredes das [[arteria]]s e que aparecen na [[aterosclerose]] e que, cando rompen, causan a gran maioría dos [[infarto de miocardio|ataques ao corazón]]. O tratamento consistía principalmente en dietas, como as dietas baixas en graxas, e en medicinas mal toleradas polo organismo, como o [[clofibrato]], [[colestiramina]], e [[ácido nicotínico]]. O investigador do colesterol Daniel Steinberg escribiu que mentres que o Coronary Primary Prevention Trial de 1984 demostrara que a redución dos niveis de colesterol reducía significativamente o risco de ataques ao corazón e [[anxina de peito]], os médicos, incluídos os cardiólogos, aínda estaban pouco convencidos.<ref>Steinberg, Daniel. ''The Cholesterol Wars: The Skeptics vs. The Preponderance of Evidence''. Academic Press, 2007, pp. 6–9.</ref>
 
Para comercializar de forma efectiva as estatinas, Merck tivo que convencer á xente dos perigos de ter un nivel alto de colesterol, e aos doutores de que as estatinas eran seguras e prolongarían moitas vidas. Como resultado das campañas públicas, a xente en Estados Unidos empezou a familiarizarse cos valores dos niveis normais de colesterol e a diferenza entre o colesterol [[colesterol HDL|"bo"]] e [[colesterol LDL|"malo"]], e compañías farmacéuticas rivais empezaron a producir as súas propias estatinas, como a pravastatina (Pravachol), fabricada por Sankyo e [[Bristol-Myers Squibb]]. En abril de 1994, anunciáronse os resultados dun estudo patrocinado por Merck, o Scandinavian Simvastatin Survival Study. Os investigadores probaron a [[simvastatina]], posteriormente vendida por Merck como Zocor, en 4.444 pacientes con altos niveis de colesterol e enfermidades cardíacas. Cinco anos despois, o estudo concluíu que os pacientes mostraban unha redución do 35% no seu colesterol, e as súas posibilidades de morrer por un ataque ao corazón foran reducidas nun 42%.<ref name=Simons/><ref name="4S">{{cite journal | title = Randomised trial of cholesterol lowering in 4444 patients with coronary heart disease: the Scandinavian Simvastatin Survival Study (4S) | journal = Lancet | volume = 344 | issue = 8934 | pages = 1383–9 | date = November 1994 | pmid = 7968073 | doi = 10.1016/S0140-6736(94)90566-5 }}</ref> En 1995, Zocor e Mevacor fixeron que Merck gañase uns mil millóns de dólares.<ref name=Simons/> Endo foi premiado co [[Premio dedo Xapón]] de 2006, e co [[Premio de Investigación Médica Clínica Lasker-DeBakey]] en 2008 pola súa "investigación pioneira nunha nova clase de moléculas" para "baixar o colesterol".<ref>{{cite web|title=National Inventors Hall of Fame Honors 2012 Inductees|url=http://news.thomasnet.com/IMT/2012/05/08/2012-inventors-hall-of-fame-inductees/|publisher=PRNewswire|accessdate=May 11, 2014}}</ref> Endo entrou no [[National Inventors Hall of Fame]] de Alexandria, [[Virxinia]] en 2012. Michael C. Brown e Joseph Goldstein, que gañaron o [[Premio Nobel]] por traballos relacionados co colesterol, dixéronlle a Endo: "Os millóns de persoas cuxas vidas serán prolongadas por medio da terapia con estatinas débeno todo a Akira Endo."<ref>{{cite web|title=How One Scientist Intrigued by Molds Found First Statin|url=http://online.wsj.com/news/articles/SB113677121574341250|publisher=Wall Street Journal|accessdate=May 11, 2014}}</ref>
 
== Investigación ==