Flamenco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
poño referencia
pequena edición
Liña 97:
O representante musical José Antonio Pulpón foi un personaxe decisivo nesa fusión, pois instou ao cantaor Agujetas a colaborar co grupo sevillano de [[rock andaluz]] [[Smash (banda)|Smash]], a parella máis revolucionaria desde Antonio Chacón e Ramón Montoya, iniciando un novo camiño para o flamenco. Así mesmo propiciou a unión artística entre o virtuoso guitarrista [[Alxeciras|alxecireño]] [[Paco de Lucía]] e o grande cantaor [[San Fernando, Cádiz|isleño]] [[Camarón de la Isla]], que deron un impulso creativo ao flamenco que supoñería a súa definitiva ruptura co conservadorismo de Mairena. Cando ambos artistas emprenderon as súas carreiras en solitario, Camarón converteuse nun cantaor mítico pola súa arte e a súa personalidade, con lexión de seguidores, mentres que Paco de Lucía reconfigurou todo o mundo musical do flamenco, abríndose a novas influencias, como a [[música brasileira]], [[música árabe|árabe]] e [[jazz]] e introducindo novos instrumentos musicais como o [[caixón peruano]], a [[frauta travesa]], etc.
 
Outros intérpretes destacados neste proceso de renovación formal do flamenco foron [[Juan PenaPeña]], [[El Lebrijano]], quen maridou o flamenco coa [[música andalusí]], e [[Enrique Morente]], quen ao longo da súa dilatada carreira artística basculou entre o purismo das súas primeiras gravacións e o mestizaxe co [[música rock|rock]].
 
En [[2011]] dáse a coñecer este estilo na [[India]] grazas a [[María del Mar Fernández]], que actúa no videoclip de presentación da película ''[[Zindagi Na Milegi Dobara|Só se vive unha vez]]'', titulada ''[[Señorita (boollywod)|Señorita]]''.<ref>[http://www.lasprovincias.es/videos/cultura/cine/1099602215001-senorita-cancion-pelicula-solo-vive-taquillazo-bollywood.html Video da canción Vídeoclib da película]</ref> O filme foi visto por máis de 73 millóns de espectadores.
 
=== O novo flamenco ===