Abrir o menú principal

Cambios

m
→‎Lingua e literatura: Humanismo renacentista
A historia tivo representantes eminentes, como [[Procopio de Cesarea]], secretario que foi do famoso xeneral [[Belisario]] durante o reinado de Xustiniano e á vez panexirista do emperador nos seis libros das súas ''Historias'' e o seu detractor na chamada ''Historia secreta''. Na lírica destaca o [[epigrama]] con figuras como [[Paulo Silenciario]] e [[Agatías]], este último antoloxista e historiador do período que seguiu a Xustiniano. [[Xurxo de Pisidia]] compuxo poesía e epigramas. Existe un interesante libro de viaxes de [[Cosmas Indicopleustes]]. Do século VII destaca un historiador, [[Simocata]], que non chega á importancia de Procopio; neste século destaca o poeta [[Romano o Mélodo]], autor de [[himno]]s relixiosos. Entre o século VIII e o XI se compila a xa mencionada [[epopea]] nacional ''Dígenís Akritas'', composta nunha lingua semiculta; tamén se fan poemas sobre as fazañas de [[Alexandre Magno]] e compóñense [[enciclopedia]]s como a [[Suda]], de non sempre esquisita veracidade. Recompilouse nesta época o máis importante ''corpus'' de epigramática grega que se conserva, a ''[[Antoloxía palatina]]''. O cristianismo entra no xénero tradicional pagán coa obra do monxe [[Teodoro Estudita]] e da monxa poetisa [[Casia]]. Algúns emperadores dedicáronse ás letras, como [[León VI o Sabio]], que foi poeta, así como o seu fillo, [[Constantino VII]] Porfiroxéneta. [[San Xoán Damasceno]] compuxo tratados teolóxicos e polémicos en escuro estilo; o citado Teodoro escribe tamén sobre a cuestión iconoclasta, así como obras [[ascética]]s e de esexese.
 
No último período, desde finais do XI, existe unha gran cantidade de literatura polémica relixiosa, pero tamén escriben [[Focio]] e [[Miguel Psellos]] sobre outros temas e propíciase un renacemento das letras gregas. Este renacemento pasará a Europa coa dispersión dos eruditos bizantinos pola Península Itálica trala conquista de Constantinopla polos otománs. En Italia renacerá o estudo do grego e o [[Humanismo renacentista|humanismo]] e de aí pasará ao resto do mundo. [[Tzetzes]] escribe poemas didácticos e eruditos. O epigrama alcanza cumes en [[Cristovo de Mitilene]] ou [[Xoán Mauropo]]. Escríbense [[novela]]s en Grecia e proliferan os bestiarios e [[lapidario]]s, e crónicas como a sonada ''Crónica de Morea'', que mandou traducir ao [[aragonés]] o gran mestre da [[Orde de San Xoán de Xerusalén]] [[Xoán Fernández de Heredia]]. O inquedo e inconformista poeta [[Teodoro Pródromo (monxe)|Teodoro Pródromo]] escribe catro poemas satíricos na lingua popular e escribe a súa ''Catomiomaquia, ou Loita dos Gatos contra os Ratos'' a modo de parodia. Hai excelentes historiadores que deixan testemuño das [[Cruzadas]], como [[Nicetas Acominato]], [[Paquimeras]], [[Nicéforo Brienio, o Mozo|Nicéforo Brienio]] ou a súa muller [[Ana Comnena]], princesa imperial autora de ''[[A Alexiada]]'', historia do seu pai [[Aleixo I Comneno]]. Durante a época dos [[Dinastía Paleólogo|Paleólogos]] a literatura entra en decadencia pero despois xorde con forza a [[filoloxía]].
 
=== Arquitectura ===
96.736

edicións