Idade Antiga de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
Coñécese como [[protohistoria]] o período de cada cultura sobre o cal non existen textos escritos producidos pola propia cultura que se investiga, pero si referencias en autores doutras civilizacións. Para Galiza, as fontes son as [[greco-latino|greco-latinas]], polo que este período se inscribe xeralmente na '''Idade Antiga'''.
 
As primeiras mencións que teñen chamado a atención son a de certas illas, as [[Cassitérides]], nas que abundaba o [[estaño]]. Pero o coñecemento do Occidente foi extremadamente limitado até a época [[helenismo|helenística]]. A primeira referencia é a dun viaxeiro [[Marsella|marsellés]] de fins do [[século -IV|século IV a. C.]], [[Piteas]], quen menciona o cabo [[Nerio]] e a tribo dos [[ártabro]]s. Estas informacións foron recollidas por [[Eratóstenes]] ([[século -III|século III a. C.]]); máis tarde escribiron [[Polibio]] ([[século -II|século II a. C.]]), [[Artemidoro de Éfeso|Artemidoro]], [[Posidonio]] e [[Estrabón]] ([[século -I|século I aCa. C.]]), [[Plinio o Vello]] ([[século I]]) e [[Ptolomeu]] ([[século II]]).
 
A [[indoeuropeización]] do cuadrante norocidental da [[Península Ibérica]] durante o [[Idade do Bronce]] foi continuada por elementos se cadra [[célticoCelta|célticos]]s durante a [[Idade do Ferro]], a partir do [[século -VI|século VI a. C.]]. Apareceu así a [[Culturacultura castrexa]], caracterizada polos [[castro (poboado)|castros]] ou citanias, poboados fortificados sen a penas urbanismo. Aínda que por veces ferro e Cultura castrexa se fagan equivalentes, convén distinguir entre os dous conceptos porque a transición entre Bronce e Ferro é aínda bastante descoñecida e non está claro que elementos anteriores pervivíron e de onde proveñen os trazos prototí­picos do mundo castrexo. En efecto, os castros máis antigos datan dos séculos VIII e VII a. C. Esta área cultural ten o seu límite oriental no [[río Navia]] e o [[Bierzo]] e o meridional no [[río Douro]]. Non se deu en ningún momento un proceso de construción de entidades de tipo estatal, xa que se trataba dunha sociedade de tipo [[xentilicio]]. Da lenta fusión por [[aculturación]] entre os mundos castrexo e provincial [[Roma Antiga|romano]] xorde a cultura [[galaico-romano|galaico-romana]].
 
[[Categoría:Idade Antiga de Galicia]]