Diferenzas entre revisións de «Escudo do Reino de Galicia»

m (clean up, removed: {{Historia en progreso}} using AWB)
Esta circunstancia política explicaría a posible ausencia das armas de Galiza (o ''legio fortis'' ou león púrpura da monarquía galego-leonesa) nos armoriais europeos, porén a longa existencia do reino de Galiza e a súa relevancia histórica debían facer impensable a non aparición dunhas armas de Galiza, sendo probablamente o factor que levou a que o autor do armorial [[Inglaterra|inglés]] coñecido como Segar´s Roll, realizado no ano [[1282]], asignase unhas armas figurativas ao rei de Galiza -''roy de Galyce''- que non obstante non eran empregadas por rei ningún, xa que Galiza deixara de posuír reis propios dende había 50 anos.
 
Para ilustrar as armas do rei de Galiza, o autor -que debía descoñecer a existencia previa do león- debeu botar man dunha práctica común que consistía en realizar unha sinxela ecuación fonética, neste caso ''Galyce'' (Galiza) e ''Calice'' (Cáliz) que se dá na lingua [[normandos|anglonormanda]], asignándolle ao "rei de Galiza" as armas dun cáliz ou copón, con significado meramentesoamente heráldico e non relixioso. Baseados no Segar´s Roll, a partir de entón os diferentes armoriais [[Europa|europeos]] comezaron a asignar o cáliz como emblema do reino.
 
Desde ese momento, o reino de Galiza adquiría unhas armas propias, diferentes ao resto de territorios da monarquía galego-leonesa (León, Extremadura e Asturias), e que chegarían a ser aceptadas e reivindicadas no propio reino.
10.315

edicións