Antropoloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jorges65 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 17:
A antropoloxía foi crecendo distinguíndose da historia natural e para finais do [[século XIX]] a disciplina comezaba a cristalizarse na súa forma moderna. Para 1935, por exemplo, para [[T.K. Penniman]] lle foi posible escribir a historia da disciplina titulada ''100 anos de Antropoloxía''. Para este momento, este campo estaba dominado polo [[método comparativo]]. Asumíase que todas as sociedades pasaron por un único proceso evolutivo, do máis primitivo, ao máis avanzado. Así, as sociedades non europeas, foron vistas como fósiles viventes da evolución, que puideron ser estudadas para entender o pasado europeo. Eruditos escribiron historias de migracións prehistóricas, as cales foron algunhas valiosas e outras moi fantásticas. Foi durante este período, que os europeos puideron, por primeira vez, rastrexar as migracións [[Polinesia|polinésicas]] a través do [[Océano Pacífico]], por exemplo, aínda que algúns crían que se orixinaron en [[Exipto]]. Finalmente, o concepto de [[raza]] estaba sendo discutido moi activamente como modo de clasificación de outorgar un nivel aos seres humanos baseados nas diferenzas biolóxicas herdadas.
 
No [[século XX]], as disciplinas académicas comezaron a organizarse ao redor de tres principais dominios: [[Ciencia]], [[Humanismo (filosofía)|Humanismo]] e as [[Ciencias sociais]].
O das ciencias, busca derivar leis naturais a través de experimentos falsables e reproducibles. A humanística reflectía un intento de estudar diferentes tradicións nacionais, a partir da [[historia]] e as [[arte]]s, como un intento para prover á xente nas nacións-estados emerxentes un sentido de coherencia. As ciencias sociais emerxeron para este momento coma un intento de desenvolver métodos científicos para achegarse ao fenómeno social, tratando de prover bases universais para o coñecemento social. A antropoloxía non cabo facilmente nunha destas categorías, e cada rama diferente da antropoloxía caben nun ou máis destes dominios.