Miguel de Cervantes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 88.5.42.87 (conversa); cambiado á última versión feita por BanjoBot 2.0
Liña 100:
== Alcances artísticos ==
 
[[Ficheiro:Honoré_Daumier_017_(Don_Quixote)Don Quichotte Honoré Daumier.jpg|miniatura|200px|Ilustración de Honoré Daumier.]]
 
Cervantes é sumamente orixinal. Parodiando un xénero que empezaba a periclitar, como é os [[libros de cabalerías]], creou outro xénero sumamente vivaz, a novela polifónica, onde se superpoñen as cosmovisións e os puntos de vista ata confundirse en complexidade coa mesma realidade, recorrendo incluso a xogos metaficcionais. Na época a épica podía escribirse tamén en prosa, e co precedente no teatro do pouco respecto aos modelos clásicos de [[Lope de Vega]], creou en suma a fórmula do [[realismo]] tal e como fora preparada en España por toda unha tradición literaria desde o ‘‘Cantar do Mío Cid’‘, ofrecéndolla a Europa, onde Cervantes tivo máis discípulos que en España. A novela realista enteira do século XIX está marcada por este maxisterio. Por outra parte, outra grande obra mestra de Cervantes, as ‘‘Novelas exemplares’‘, demostra a amplitude de miras do seu espírito e o seu desexo de experimentar coas estruturas narrativas. Nesta colección de novelas o autor experimenta coa [[novela bizantina]] (‘‘A española inglesa’‘), a [[novela policíaca]] ou criminal (‘‘A forza do sangue’‘, ‘‘O celoso estremeño’‘), o [[diálogo]] lucianesco (‘‘O coloquio dos cans’‘), a [[miscelánea]] de sentencias e donaires (‘‘O licenciado vidrera’‘), a [[novela picaresca]] (‘‘Rinconete e Cortadillo’‘), a narración constituída sobre unha [[anagnórise]] (‘‘La gitanilla’‘) etc...