Wikipedia:Consenso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
-{{En uso}}
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:
 
==Acadar un consenso==
Os editores adoitan chegar a un consenso seguindo un proceso natural. Despois de que un editor realice un cambio nunha páxina, outros editores que a lean poden escoller se editar ou non a maiores. Cando os editores non chegan a un acordo por medio da edición, a discusión na [[Wikipedia:Páxina de conversa|páxina de conversa]] asociada continua o proceso para conseguir o consenso.
 
Unha decisión de consenso ten en conta tódalas preocupacións indicadas ó respecto. De forma ideal acádase o consenso sen ningunha obxección, pero a miúdo débese conformar co acordo máis amplo que sexa posible conseguir. Cando non existe un amplo acordo, a construción do consenso involucra a adaptación do proposta para incluír a aqueles que se opoñen orixinalmente sen excluír a aqueles que concordan co proposto orixinalmente.
Liña 14:
O consenso é un proceso normal e habitualmente implícito e invisible da Wikipedia. A presunción é que calquera edición non disputada ou revertida por outro editor está feita baixo consenso. Esa edición pode ser revisada posteriormente por outro editor sen mediar disputa, asumindo entón que se acada un novo consenso. Desta forma a enciclopedia medra e mellora de forma gradual co tempo.
 
Tódalas edicións deben ir acompañadas dunha explicación (agás que o motivo da edición sexa obvio). Isto faise ó indicar un [[Axuda:Resumo de edición|resumo de edición]] claro no que se explica o motivo do cambio, ou por medio dunha mensaxe na [[Wikipedia:Páxina de conversa|páxina de conversa]] do artigo. Os resumos de edición son de especial importancia á hora de reverter as edicións de [[Wikipedia:Asuma a boa fe|boa fe]] doutros editores. As reversións repetidas e [[Wikipedia:Guerra de edicións|guerras de edicións]] son contraproducentes para a Wikipedia. A excepción a isto son as reversións de [[Wikipedia:Vandalismo|vandalismos]] e o cumprimento de políticas como [[WP:BPV]].
 
Agás nos casos nos que aplique algunha das [[Wikipedia:Políticas e normas|políticas da Wikipedia]], a maioría de disputas sobre o contido poden resolverse por medio de cambios menores no lugar de tomar unha posición de todo ou nada. Normalmente un cambio na redacción será suficiente para satisfacer a maioría das preocupacións dos editores. Tanto se os cambios proceden do proceso de edición ou do de conversa, a mellor forma de mellorar a Wikipedia é a través da colaboración e o consenso, e non por medio da disputa e da capitulación.
 
===Por medio da conversa===
Cando non é posible chegar a un acordo unicamente por medio das edicións, o proceso para acadar un consenso tórnase máis explícito. Os editores comezan unha nova sección na [[Wikipedia:Páxina de conversa|páxina de conversa]] correspondente e tratan de solucionar a disputa a través da conversa. Neste proceso os editores tratan de persuadir ó resto, empregando o seu razoamento baseado nas políticas, fontes e sentido común. Poden tamén suxerir solucións alternativas ou compromisos que satisfagan tódalas preocupacións indicadas polos editores involucrados. O resultado pode ser un acordo que non satisfaga a tódalas partes ó completo, pero que todas recoñezan como unha solución razoable. O consenso é un proceso continuo na Wikipedia, normalmente resulta mellor aceptar un compromiso non perfecto, entendendo que a páxina está a mellorar de forma gradual, que tentar pelexar por deixar feita a versión preferida de forma inmediata. A calidade dos artigos con editores "combativos" é por norma menor que a calidade dos artigos nos que os editores procuran centrarse no longo prazo.
 
Cando os editores teñen dificultades para acadar un consenso, poden botar man de varios procesos adicionais dispoñibles, como pedir unha terceira opinión ou a participación de outros editores non involucrados, e nos casos máis extremos a petición de accións [[Wikipedia:Administradores|administrativas]] ou a realización dunha [[Wikipedia:Votacións|votación formal]]. No caso dos administradores, estes céntranse principalmente na aplicación das políticas e normas e no comportamento dos editores, polo que non decidirán sobre o contido de forma autoritaria. Poden bloquear editores por comportamentos que interfiran co proceso de acadar un consenso, como as [[Wikipedia:Guerra de edicións|guerras de edicións]], o [[Wikipedia:Monicreques|abuso de múltiples contas de usuario]] ou a falta de [[Wikipedia:Civismo|civismo]], e tomar decisións firmes sobre unha edición conforme a súa validez segundo unha política ou norma concreta, pero polo xeral non irán máis aló de este tipo de accións.
Liña 27:
 
===Nas páxinas de conversa===
Sé [[Wikipedia:Edita con afouteza|ousado]], mais non imprudente. Na maioría dos casos o primeiro a tentar é facer unha edición no artigo, e en ocasións esa edición resolverá a disputa. Usa resumos de edición claros que expliquen o propósito da edición. Se alguén desfai a edición, tenta facer unha edición comprometida coas indicacións dos outros editores. Os resumos de edición son útiles, pero non se debe tratar de resolver unha disputa por medio de múltiples resumos de edición, xa que isto polo xeral considérase unha [[Wikipedia:Guerra de edicións|guerra de edicións]] e pode dar lugar a sancións. Se alguén reverte unha edición e as próximas edicións semellan ter un destino semellante, crea unha nova sección na [[Wikipedia:Páxina de conversa|páxina de conversa]] do artigo para discutir a cuestión.
 
Na determinación do consenso cómpre considerar a calidade dos argumentos, a historia de como suceden, as obxeccións dos que non están de acordo, e as políticas e normas existentes. A calidade dun argumento é máis importante que o feito de se representa unha visión minoritaria ou maioritaria. Os argumentos non razoados de tipo "non me gusta" e "simplemente gústame desta forma" non teñen ningún peso específico en absoluto.
Liña 36:
 
===Solicitando outras opinións===
Cando unha discusión nunha [[Wikipedia:Páxina de conversa|páxina de conversa]] fracasa, xeralmente porque dous editores ou grupos de editores non son capaces de chegar a un acordo nun tema determinado, a Wikipedia ten varios procesos establecidos para atraer a outros editores non involucrados para que ofrezan a súa opinión. Isto é útil para desfacer puntos mortos sinxelos de boa fe, xa que os editores non involucrados poden achegar novas perspectivas e axudar ós editores involucrados a confluír nun punto intermedio que eles sós non son capaces de ver. Os principais métodos e recursos para este fin son os seguintes:
 
;Pedir unha terceira opinión: Pedir unha opinión dun terceiro non involucrado pode ser útil nos casos nos que exactamente dous editores estean en disputa. Un terceiro neutral pode achegar unha opinión non vinculante á disputa.
Liña 46:
Nalgúns casos as disputas poden ser persoais ou ideolóxicas no lugar de simples desacordos sobre o contido, e poden requirir a intervención dos administradores ou do conxunto da comunidade. Os administradores non regularán no contido, pero poden intervir para obrigar ó cumprimento de certas políticas (como [[WP:BPV]]) ou impoñer sancións a aqueles editores que estean a obstruír o proceso de procura dun consenso.
 
En ocasións pode ser suficiente chamar a atención dos administradores nunha [[Wikipedia:Páxina de conversa|páxina de conversa]], é probable que algún deles vexa a páxina e responda. De non ser así, pode indicarse o problema na disputa en curso no '''[[WP:TAB|taboleiro dos administradores]]''' para que se teña en conta.
 
===Obstáculos e erros===