Axuda:Fusión: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
A '''fusión''' é un proceso mediante o que se unen manualmente dúas páxinas nunha soa. Os principais motivos que levan á fusión de páxinas van desde contidos duplicados de xeito innecesario, pasando por superposición dun tema noutra páxina ata contidos mínimos que poden incluírse nun artigo cun contexto maior e que abranga máis amplamente o asunto.
 
A fusión é un labor de edición normal, algo que pode iniciar calquera usuario, sen necesidade de proposta e [[Wikipedia:Consenso|consenso]]. Se cres que fusionando algo se mellora a enciclopedia, sé valente e faino.
 
Se pola contra a fusión é controvertida, poida que te atopes con que se desfixo o teu traballo. Cómpre lembrar que, como en calquera outro tipo de edicións, convén evitar [[Wikipedia:Guerra de edicións|guerras de edición]]. Se tes dúbidas, podes consultar á comunidade primeiro na páxina de conversa dos artigos ou [[Wikipedia:A Taberna (axuda)|na Taberna]]. É típico, por exemplo, non estar certo acerca de cal debera ser o título final do artigo que prevalecerá.