Wikipedia:Consenso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 37:
 
===Solicitando outras opinións===
Cando unha discusión nunha páxina de conversa fracasa, xeralmente porque dous editores ou grupos de editores non son capaces de chegar a un acordo nun tema determinado, a Wikipedia ten varios procesos establecidos para atraer a outros editores non involucrados para que ofrezan a súa opinión. Isto é útil para desfacer puntos mortos sinxelos de boa fe, xa que os editores non involucrados poden achegar novas perspectivas e axudar ós editores involucrados a confluír nun punto intermedio que eles sossós non son capaces de ver. Os principais métodos e recursos para este fin son os seguintes:
 
;Pedir unha terceira opinión: Pedir unha opinión dun terceiro non involucrado pode ser útil nos casos nos que exactamente dous editores estean en disputa. Un terceiro neutral pode achegar unha opinión non vinculante á disputa.