Wikipedia:Consenso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 58:
 
==Determinar un consenso==
O consenso establécese pola calidade dos argumentos fornecidos nos distintos puntos de vista do tema, vistos baixo a lente das políticas da Wikipedia. O consenso como tal defínese como o acordo conseguido trala discusión. O editor ou administrador que "pecha" a discusión lee os argumentos presentados, e determina se existe ou non un consenso e en que consiste devandito consenso.
 
===Nivel de consenso===
O consenso entre un grupo limitado de editores, nun deteminado lugar e tempo, non pode sobrepoñerse ó consenso comunitario a maior escala. Por exemplo, agás que poidan convencer á comunidade xeral de que unha acción é correcta, os participantes dun [[Wikipedia:Wikiproxecto|Wikiproxecto]] non poden decidir que unha [[Wikipedia:Políticas e normas|política]] aceptada globalmente non aplica ós artigos que están baixo o seu obxectivo.
 
A Wikipedia ten un estándar máis restritivo de participación e consenso para os cambios nas [[Wikipedia:Políticas e normas|políticas e normas]] que noutro tipo de páxinas. Isto é debido a que estas reflicten un consenso xa establecido, e a súa estabilidade e consistencia son importantes para a comunidade. Como resultado, os cambios substanciais nunha política ou norma deben proporse primeiro na páxina de conversa correspondente, e na maioría dos casos someterse a unha [[Wikipedia:Votacións|votación formal]]. Os cambios menores poden realizarse sen unha discusión previa, pero estarán suxeitos a un gran nivel de escrutinio para asegurar que non están mudando a base e obxectivo da proposta. A comunidade é máis receptiva a aceptar edicións en políticas se se fan de forma pausada e conservadora, cun esforzo activo pola procura de achegas e acordos do maior número posible de editores.
 
===Cando non se acada un consenso===
En ocasións unha discusión non acadará un consenso claro en relación a se tomar ou non algunha acción. Segundo o contexto poden pasar varias cousas nestas situacións:
 
* Nas discusións ou propostas para engadir, modificar ou eliminar determinado material dun artigo, unha falta de consenso habitualmente resultará no mantemento do estado do artigo como estaba antes da proposta ou edición disputada. Porén, nos casos relacionados coas [[WP:BPV|biografías de persoas vivas]], unha falta de consenso sobre determinado material resultará na maioría dos casos súa eliminación.
* Cando unha [[Wikipedia:Administradores|acción dun administrador]] sexa disputada e a discusión non acade un consenso na aprobación ou reversión da acción, a acción habitualmente será revertida.
* Nas disputas sobre [[Wikipedia:Ligazóns externas|ligazóns externas]], as ligazóns disputadas elimínanse agás que se acade un consenso para incluílas.
 
==O consenso pode cambiar==