Wikipedia:Consenso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 56:
* As '''edicións tendenciosas.''' A procura agresiva e continua dun obxectivo editorial considérase disruptiva, e debe evitarse. Es editores deben escoitar, responder e cooperar para construír un mellor artigo. Os editores que rexeitan a procura dun consenso máis aló do que eles insisten, e aqueles que bloquean indefinidamente unha conversa para acadar o seu obxectivo, poñen en risco o proceso de consenso.
* A '''protesta indiscriminada'''. Indicar o mesmo problema en múltiples lugares e páxinas de conversa, ou perante múltiples administradores, ou calquera destas accións de forma repetitiva, resulta nun comportamento que non axuda na procura dun consenso. Na procura dun consenso non axuda trasladar a discusión a diferentes foros na espera de que nun deles se atope a resposta que un procura. As indicacións dunha disputa en curso nos taboleiros e páxinas de conversa deben indicarse da forma máis neutral que sexa posible, para conseguir opinións adicionais o máis neutrais e non involucradas que sexa posible.
 
==Determinar un consenso==