Wikipedia:Consenso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 35:
 
O obxectivo dunha discusión que procura construír e acadar un consenso é o de resolver disputas de forma que reflicta os obxectivos e políticas da Wikipedia ó mesmo tempo que "enfada" ó menor número posible de editores.
 
====Solicitando outras opinións====
Cando unha discusión nunha páxina de conversa fracasa, xeralmente porque dous editores ou grupos de editores non son capaces de chegar a un acordo nun tema determinado, a Wikipedia ten varios procesos establecidos para atraer a outros editores non involucrados para que ofrezan a súa opinión. Isto é útil para desfacer puntos mortos sinxelos de boa fe, xa que os editores non involucrados poden achegar novas perspectivas e axudar ós editores involucrados a confluír nun punto intermedio que eles sos non son capaces de ver. Os principais métodos e recursos para este fin son os seguintes:
 
;Pedir unha terceira opinión: Pedir unha opinión dun terceiro non involucrado pode ser útil nos casos nos que exactamente dous editores estean en disputa. Un terceiro neutral pode achegar unha opinión non vinculante á disputa.
;Abrir un fío na [[WP:T|taberna]]: As notificacións neutrais na taberna dunha disputa en curso poden atraer a editores adicionais que poden axudar na procura do consenso.
;Procurar a asistencia dun [[WP:TAB|administrador]]: Cando se precise un mediador neutral ou unha visión dende o punto de vista das políticas e normas da Wikipedia con respecto á disputa en curso
;Comezar unha [[Wikipedia:Votacións|votación]] formal: Debe reservarse para os casos máis extremos e para cuestións de alcance global, sendo máis recomendable procurar o consenso por algunha das vías establecidas anteriormente.