Wikipedia:Consenso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 26:
===Construír un consenso===
Os editores que manteñen unha actitude cívica, neutral e desinteresada na maioría dos casos serán capaces de acadar o consenso nun artigo determinado por medio dos procesos detallados anteriormente. Malia todo, en ocasións pode darse unha situación de punto morto, na que os editores non sexan capaces de atopar motivos racionais para finalizar unha disputa ou porque un dos bandos da discusión se torne emocional ou ideoloxicamente implicado en "gañar" a discusión. As indicacións detalladas a continuación son suxestións para a resolución de disputas aparentemente inamovibles, así como a descrición de varios proceseos formais e informais que poden axudar no proceso.
 
====Nas páxinas de conversa====
Sé ousado, mais non imprudente. Na maioría dos casos o primeiro a tentar é facer unha edición no artigo, e en ocasións esa edición resolverá a disputa. Usa resumos de edición claros que expliquen o propósito da edición. Se alguén desfai a edición, tenta facer unha edición comprometida coas indicacións dos outros editores. Os resumos de edición son útiles, pero non se debe tratar de resolver unha disputa por medio de múltiples resumos de edición, xa que isto polo xeral considérase unha [[Wikipedia:Guerra de edicións|guerra de edicións]] e pode dar lugar a sancións. Se alguén revirte unha edición e as próximas edicións semellan ter un destino semellante, crea unha nova sección na páxina de conversa do artigo para discutir a cuestión.
 
Na determinación do consenso cómpre considerar a calidade dos argumentos, a historia de cómo suceden, as obxecións dos que non están de acordo, e as políticas e normas existentes. A calidade dun argumento é máis importante que o feito de se representa unha visión minoritaria ou maioritaria. Os argumentos non razoados de tipo "non me gusta" e "simplemente gústame desta forma" non teñen ningún peso específico en absoluto.
 
Limita as discusións nas páxinas de conversa dos artigos a revisión das fontes, ó enfoque do artigo e a aplicación das políticas. Se unha edición é disputada ou é potencialmente disputable, os editores deben empregar as páxinas de conversa para explicar porqué un engadido, cambio ou eliminación mellora o artigo, e polo tanto a enciclopedia. Polo xeral asúmese que existe un consenso se non hai obxeción de ningún outro editor para un cambio. Os editores que ignoran as discusións nas páxinas de conversa pero aínda así continúan a editar ou revertir material disputado, ou aqueles que rexeitan continuar unha discusión, poden considerarse que están [[Wikipedia:Romper a edición|rompendo a edición]] e poden dar lugar a sancións. O consenso non pode tampouco asumirse sempre simplemente porque outros editores non continúen a responder nunha discusión dunha páxina de conversa na que xa teñan participado.
 
O obxectivo dunha discusión que procura construír e acadar un consenso é o de resolver disputas de forma que reflicta os obxectivos e políticas da Wikipedia ó mesmo tempo que "enfada" ó menor número posible de editores.