Wikipedia:Consenso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 23:
 
Cando os editores teñen dificultades para acadar un consenso, poden botar man de varios procesos adicionais dispoñibles, como pedir unha terceira opinión ou a participación de outros editores non involucrados, e nos casos máis extremos a petición de accións [[Wikipedia:Administradores|administrativas]] ou a realización dunha [[Wikipedia:Votacións|votación formal]]. No caso dos administradores, estes céntranse principalmente na aplicación das políticas e normas e no comportamento dos editores, polo que non decidirán sobre o contido de forma autoritativa. Poden bloquear editores por comportamentos que interfiran co proceso de acadar un consenso, como as [[Wikipedia:Guerra de edicións|guerras de edicións]], o [[Wikipedia:Monicreques|abuso de múltiples contas de usuario]] ou a falta de [[Wikipedia:Civismo|civismo]], e tomar decisións firmes sobre unha edición conforme a súa validez segundo unha política ou norma concreta, pero polo xeral non irán máis aló de este tipo de accións.
 
===Construír un consenso===
Os editores que manteñen unha actitude cívica, neutral e desinteresada na maioría dos casos serán capaces de acadar o consenso nun artigo determinado por medio dos procesos detallados anteriormente. Malia todo, en ocasións pode darse unha situación de punto morto, na que os editores non sexan capaces de atopar motivos racionais para finalizar unha disputa ou porque un dos bandos da discusión se torne emocional ou ideolóxicamente implicado en "gañar" a discusión. As indicacións detalladas a continuación son suxestións para a resolución de disputas aparentemente inamovibles, así como a descripción de varios proceseos formais e informais que poden axudar no proceso.