Wikipedia:Consenso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 20:
 
===Por medio da conversa===
Cando non é posible chegar a un acordo unicamente por medio das edicións, o proceso para acadar un conseno tórnase máis explícito. Os editores comezan unha nova sección na páxina de conversa correspondente e tratan de solucionar a disputa a través da conversa. Neste proceso os editores tratan de persuadir ó resto, empregando o seu razoamento baseado nas políticas, fontes e sentido común. Poden tamén suxerir solucións alternativas ou compromisos que satisfagan tódalas preocupacións indicadas polos editores involucrados. O resultado pode ser un acordo que non satisfaga a tódalas partes ó completo, pero que todas recoñezan como unha solución razoable. O consenso é un proceso continuo na Wikipedia, habitualmentenormalmente resulta mellor aceptar un compromiso non perfecto, entendendo que a páxina está a mellorar de forma gradual, que tentar pelexar por deixar feita a versión preferida de forma inmediata. A calidade dos artigos con editores "combativos" é por norma menor que a calidade dos artigos nos que os editores procuran centrarse no longo prazo.
 
Cando os editores teñen dificultades para acadar un consenso, poden botar man de varios procesos adicionais dispoñibles, como pedir unha terceira opinión ou a participación de outros editores non involucrados, e nos casos máis extremos a petición de accións [[Wikipedia:Administradores|administrativas]] ou a realización dunha [[Wikipedia:Votacións|votación formal]]. No caso dos administradores, estes céntranse principalmente na aplicación das políticas e normas e no comportamento dos editores, polo que non decidirán sobre o contido de forma autoritativa. Poden bloquear editores por comportamentos que interfiran co proceso de acadar un consenso, como as [[Wikipedia:Guerra de edicións|guerras de edicións]], o [[Wikipedia:Monicreques|abuso de múltiples contas de usuario]] ou a falta de [[Wikipedia:Civismo|civismo]], e tomar decisións firmes sobre unha edición conforme a súa validez segundo unha política ou norma concreta, pero habitualmentepolo xeral non irán máis aló de este tipo de accións.