Wikipedia:Consenso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 18:
 
Agás nos casos nos que aplique algunha das [[Wikipedia:Políticas e normas|políticas da Wikipedia]], a maioría de disputas sobre o contido poden resolverse por medio de cambios menores no lugar de tomar unha posición de todo ou nada. Normalmente un cambio na redacción será suficiente para satisfacer a maioría das preocupacións dos editores. Tanto se os cambios proceden do proceso de edición ou do de conversa, a mellor forma de mellorar a Wikipedia é a través da colaboración e o consenso, e non por medio da disputa e da capitulación.
 
===Por medio da conversa===
Cando non é posible chegar a un acordo únicamente por medio das edicións, o proceso para acadar un conseno tórnase máis explícito. Os editores comezan unha nova sección na páxina de conversa correspondente e tratan de solucionar a disputa a través da conversa. Neste proceso os editores tratan de persuadir ó resto, empregando o seu razonamento baseado nas políticas, fontes e sentido común. Poden tamén suxerir solucións alternativas ou compromisos que satisfagan tódalas preocupacións indicadas polos editores involucrados. O resultado pode ser un acordo que non satisfaga a tódalas partes ó completo, pero que todas recoñezan como unha solución razonable. O consenso é un proceso continuo na wikipedia, habitualmente resulta mellor aceptar un compromiso non perfecto, entendendo que a páxina está a mellorar de forma gradual, que tentar pelexar por deixar feita a versión preferida de forma inmediata. A calidade dos artigos con editores "combativos" é por norma menor que a calidade dos artigos nos que os editores procuran centrarse no longo prazo.
 
Cando os editores teñen dificultades para acadar un consenso, poden botar man de varios procesos adicionais dispoñibles, como pedir unha terceira opinión ou a participación de outros editores non involucrados, e nos casos máis extremos a petición de accións [[Wikipedia:Administradores|administrativas]] ou a realización dunha [[Wikipedia:Votacións|votación formal]]. No caso dos administradores, estes céntranse principalmente na aplicación das políticas e normas e no comportamento dos editores, polo que non decidirán sobre o contido de forma autoritativa. Poden bloquear editores por comportamentos que interfiran co proceso de acadar un consenso, como as [[Wikipedia:Guerra de edicións|guerras de edicións]], o [[Wikipedia:Monicreques|abuso de múltiples contas de usuario]] ou a falta de [[Wikipedia:Civismo|civismo]], e tomar decisións firmes sobre unha edición conforme a súa validez segundo unha política ou norma concreta, pero habitualmente non irán máis aló de este tipo de accións.