Baptisterio de San Xoán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Firenze.Baptistry06.JPG|miniatura|250px|O baptisterio de San Xoán.]]
O '''baptisterio de San Xoán''' (en [[Lingua italiana|italiano]] ''battistero di San Giovanni'') é un edificio relixioso situado en [[Florencia]], [[Toscana]] ([[Italia]]). É particularmente famoso polos seus tres conxuntos de portas de [[bronce]], de considerábel valor artístico.
 
Atópase na Piazza del Duomo, ao oeste da [[Santa María del Fiore|catedral de Santa María del Fiore]]. Até o [[século XIX]], todos os cidadáns católicos de Florencia eran bautizados neste baptisterio. Está incluída na categoría de basílicas menores.
 
== Historia ==
Durante moito tempo, creuse que o baptisterio foi orixinariamente un templo romano dedicado ao deus [[Marte (deus)|Marte]], o deus tutelar da vella Florencia.
 
Adoito acredítase a [[Dante Alighieri|Dante]] coma o creador desta lenda, mais isto non é correcto. O seu creador foi [[Giovanni Villani]] no [[século XIV]]. Porén, escavacións realizadas no [[século XX]] demostraron que había un muro romano do primeiro século atravesando a praza do baptisterio. Probabelmente foi construído sobre os restos dunha torre de garda romana nunha esquina deste muro, ou outro edificio romados. De todos os xeitos, sábese con certeza que un primeiro baptisterio octogonal foi construído aquí no [[século IV]] ou [[Século V|V]] da nosa era e foi posteriormente substituído por outro baptisterio cristiano no [[Século VI|século VI d. C.]]
 
[[Categoría:Florencia]]