Idade Media: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 178.60.20.13 (conversa); cambiado á última versión feita por Elisardojm
m Humanismo renacentista
Liña 10:
Adoitase dividir en dous grandes períodos: Temperá ou [[Alta Idade Media]] (do [[século V]] ao [[século X|X]], sen unha clara diferenciación coa Antigüidade Tardía); e [[Baixa Idade Media]] (do [[século XI]] ao [[século XV|XV]]), que á súa vez pode dividirse nun período de plenitude, a [[Plena Idade Media]] (do século XI ao [[século XIII|XIII]]), e os dous últimos séculos, ou [[Idade Media Tardía]], que presenciaron a [[Crise da Idade Media]] ou do [[século XIV]].
 
Se ben hai algúns exemplos de utilización previa,{{#tag:ref|Aínda que o primeiro que sinalou a existencia de unidade no período comprendido entre o século V e o XV foi o humanista [[Flavio Biondo]], a fama de ter utilizado antes ca ninguén o termo Idade Media correspóndelle ao bispo de Alesia, [[Giovanni Andrea dei Bussi]]. Nunha carta súa do ano 1469 dise expresamente o seguinte: {{cita|«sed mediae tempestatis tum veteris, tum recentio­res usque ad nostra tempora».}} Esa ''media tempestas'' era o bosquexo duns «tempos medios», que servían de ponte entre a gloriosa [[antigüidade clásica]], á que se mitificaba, e os novos tempos, que tornaran os seus ollos cara aquel período de esplendor. Expresións como ''medium aevum'', ''media tempestas'', ''media aetas'', etc., aparecen en historiadores ou filólogos desde comezos do século XVI. Así, por exemplo, utilizáronas [[Xaquín de Wat]], en 1501, ou [[Xoán de Heerwagen]], en 1532. Máis avanzado o século, en 1575, atopámolas en [[Marco Welser]] e [[Adriano Junius]]. O uso de ditas expresións pode, así mesmo, rastrexarse no decurso do século XVII: [[Conisius]], en 1601; [[Goldats]], en 1604; [[Vossius]], en 1662; etc. [[Du Cange]], no seu célebre ''Glosario'', aparecido en 1678, falou da «mediae et infimae latinitatis». Pode dicirse que o termo Idade Media estaba plenamente admitido, por máis cá súa orixe non fora propiamente obra dos historiadores, senón dos filólogos. Non obstante, no mesmo século XVII producíronse algunhas precisións de gran transcendencia acerca dos «tempos medios». En 1665, [[Xurxo Horn]], nunha obra titulada ''Arca Noé'', chamaba «medium aevum» ao período comprendido entre os anos 300 e 1500. Pouco tempo despois, en 1688, apareceu un libro que ía desempeñar un papel destacado na fixación do concepto de Idade Media. Trátase da ''Historia medii aevi a temporibus Constantini Magni ad Constantinopolim a Turcis captam'', do que era autor [[Cristóbal Cellarius|Cristóbal Keller]], profesor da [[Universidade de Halle|universidade alemá de Halle]]. Foi Keller, cuxas precisións cronolóxicas sobre o Medievo son ben significativas, o punto de partida da difusión e xeneralización da expresión Idade Media. Valdeón, ''op. cit.'', vol 11 px. 11.|group=Nota}} o concepto de ''Idade Media'' naceu como a segunda idade da división tradicional do tempo histórico debida a [[Cristóbal Cellarius]] (''Historia Medii Aevi a temporibus Constantini Magni ad Constaninopolim a Turcis captam deducta'', [[Jena]], [[1688]]),<ref>Riu, Manuel (1978): ''Prólogo á edición española'' en ''La historia del mundo en la Edad Media'' (The Shorter Cambridge Medieval History, The Later Roman Empire To The Twelfth Century). Madrid, Sopena, tomo I px. XXIV.</ref> quen a consideraba un tempo intermedio, sen apenas valor por si mesmo, entre a [[Idade Antiga]] identificada coa arte e a cultura da [[civilización grecorromana]] da [[Antigüidade clásica]] e a renovación cultural da [[Idade Moderna]] —na que el se sitúa— que comenza co [[Renacemento]] e o [[Humanismo renacentista|Humanismo]]. A popularización deste esquema perpetuou un preconcepto erróneo: o de considerar á Idade Media coma unha época escura, sumida no retroceso intelectual e cultural, e un aletargamento social e económico secular (que á súa vez se asocia co ''[[feudalismo]]'' nos seus trazos máis [[escurantismo|escurantistas]], tal como se definiu polos revolucionarios que combateron o [[Antigo Réxime]]). Sería un período dominado polo illamiento, a [[ignorancia]], a [[teocracia]], a [[superstición]] e o medo [[Milenarismo|milenarista]] alimentado pola inseguridade endémica, a violencia e a brutalidade de guerras e invasións constantes e epidemias apocalípticas.{{#tag:ref|Mesmo na actualidade xúlgase á Idade Media coma unha época mala ou "fea", á vez violenta, escura e ignorante. Agora sabemos que esta imaxe é falsa, aínda que houbo unha Idade Media da violencia, e non unicamente a dos conflitos e as guerras entre grupos e entre países, senón tamén as violencias contra os judeus, co comezo do antisemitismo, e a represión dos rebeldes á doctrina da Igrexa... Evidentemente, as [[Cruzadas]] tamén forman parte do balance negativo.
Pero a Idade Media foi igualmente, e penso que incluso ante todo, un gran período creador. Pódese apreciar no terreo da arte, das instituciones, por suposto primordialmente nas cidades (por exemplo coas universidades), ou mesmo do pensamiento, no que a filosofía que foi chamada "escolástica" acadou altos cumios do saber... a Idade Media creou "lugares de encontro" comerciais e festivos (as feiras, os mercados e as festas), nos que seguimos inspirándonos. Le Goff, ''op. cit.'', pgs. 115-116.
{{cita|Nesta época, a noite vívese en ambientes pouco luminosos: en cabanas alumumeadas como moito polo lume da lareira, nas estancias amplísimas de castelos iluminados por fachóns ou na cela dun monxe á débil luz dun candil, e escuras (ademais de inseguras) eran as rúas das vilas e das cidades. Porén, esta é unha característica propia tamén do Renacemiento, do Barroco e -máis tarde aínda- do período que se prolonga polo menos ata o descubrimento da electricidade. En cambio, ao home medieval véselle -ou, alomenos, se lle representa en poesía e en pintura- nun ambiente moi luminoso. O que chama a atención nas miniaturas medievais é que, tendo sido realizadas talvez en ambientes escuros apenas iluminados por unha única ventá, están cheas de luz, incluso dunha luminosidade especial, producida pola proximidade de cores puras: vermello, azul, ouro, prata, branco e verde, sen matices nin claroscuros.|Umberto Eco, ''Historia da Beleza'', px. 99-100}}