Posmodernismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Antecedentes do termo: Humanismo renacentista
Liña 70:
Se ben a acepción máis usual do postmodernismo se popularizou a partir da publicación da obra ''La Condition postmoderne: rapport sur le savoir'' de [[Jean-François Lyotard]] en [[1976]], varios autores empregaran o termo con anterioridade.
 
O pintor inglés [[John Watkins Chapman]] designou como ''postmodernismo'' unha corrente pictórica que intentaba superar as limitacións expresivas do impresionismo sen recaer no convencionalismo da pintura académica; o termo non se popularizou, preferíndose a designación de [[postimpresionismo]] suxerida polo crítico [[Roger Fry]]. Inda que o postmodernismo neste sentido non garda máis ca unha relación moi distante co postmodernismo tal como se entende habitualmente; coincidindo polo xeral, de feito, cos principios teóricos e metodolóxicos do [[modernismo]] artístico; a relación de ambigüidade entre a superación e a conservación que dificulta a definición do mesmo xa se fai aparente aquí. O uso que [[Arnold J. Toynbee]] faría do termo para indicar a crise do [[humanismo]] [[Renacemento|renacentista]] a partir da década de 1870 está relacionado con este.
 
En [[1934]] o [[crítica literaria|crítico literario]] [[Federico de Onís]] empregou por primeira vez o postmodernismo como unha reacción fronte á intensidade experimental da poesía modernista ou vangardista, identificada sobre todo coa produción da primeira época de [[Rubén Darío]]; de Onís suxire que os distintos movementos de retorno ou recuperación da sinxeleza lírica, da tradición clásica, do prosaísmo sentimental, do naturalismo, da tradición bucólica etc; son provocados pola dificultade das vangardas, que as illa do público. Varios destes trazos reaparecerán en análises posteriores, inda que a obra de de Onís non deixou pegada directa na tradición teórica.