Mesozoico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
→‎Vida: ligazón
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 88:
</center>
 
Os cambios climáticos de finais do Xurásico e Cretácico proporcionaron máis condicións favorables para a [[radiación adaptativa]]. No Xurásico produciuse a maior diversidade dos [[Archosauria|arcosauros]], e é cando apareceron os primeiros [[aves]] e [[Eutheria|mamíferos placentarios]]. As [[anxiospermas]] diversificáronse nalgún momento do Cretácico temperán, primeiro nos trópicos, pero o gradiente de temperatura permitiullela propagación cara os polos ó longo do período. Ó final do Cretácico, as anxiospermas dominaron a flora arbórea en moitas zonas, aínda que algunhas probas suxiren que a biomasa seguiu dominada por [[Cycadophyta|cicas]] e [[fento]]s ata despois da extinción masiva do Cretácico-Terciario.
 
Algúns investigadores argumentaron que os insectos diversificáronse coas anxiospermas, porque a súa anatomía, especialmente as partes da boca, parece particularmente ben adaptada ás plantas con flores. Porén, todas as partes principais da boca dos insectos precederon ás anxiospermas e a diversificación de insectos en realidade reduciuse cando estas xurdiron, polo que a súa anatomía orixinal debeu estar adaptada para outros fins.