Grecia antiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Macedonia: arranxiño
Liña 316:
Trala batalla de Mantinea, os contendentes aviñéronse á paz, pero non houbo acordo sobre os litixios que enfrontaban os diferentes estados. O papel de Esparta quedou moi diluído e Atenas estaba concentrada no Exeo, pero sen o poderío doutros tempos.
 
Macedonia era unha ampla rexión ao norte que se estendía coma un arco entre a [[Tesalia]] e a [[Tracia]] e que os gregos consideraban [[bárbaro|bárbara]]. Alí non se desenvolveran as polis e mantíñase o réxime monárquico coa capital en [[Pella]]. SenCon embargotodo, unha das liñas mestras na política macedónica mantida por tódolos reis e que era un auténtico dogma nacional era o de ser recoñecidos como gregos con todas as consecuencias. O mecanismo usado para este recoñecemento foi o de intervir nas disputas entre os Estados helenos. Por outra banda, o empeño macedónico por contar cunha saída ao mar a ambos os dous lados da [[península da Calcídica]] enfrontou aos reis cos territorios xónicos daquelas costas.
 
O soberano que cimentou a transformación de Macedonia nunha gran potencia foi [[Arquelao I de Macedonia|Arquelao]], quen impulsou as obras públicas (calzadas), fundou cidades e arrodeouse dun núcleo selecto de nobres que compuñan o corpo militar de elite. Reorganizou o exercito, impoñendo o servizo militar obrigatorio, e atraeu á súa corte a poetas e artistas. Á súa morte seguírono unha serie de reis sen importancia histórica, até [[Pérdicas III]], quen morreu nun enfrontamento cos [[ilirio]]s, e Macedonia estaba outra vez en plena descomposición. Nestas circunstancias fíxose co trono [[Filipo]], irmán menor de Pérdicas, xa que na corte de Pella eran comúns as intrigas palacianas, usurpacións e cruentas loitas polo poder. Filipo non chegou ao reinado do xeito máis ortodoxo pero chegado o intre, tamén pereceu vítima dunha conspiración urdida no seu círculo máis achegado.