Grecia antiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Atenas: unha
Liña 303:
O eclipse de Esparta foi aproveitado por Atenas para relanzar a construción do seu imperio marítimo. Os membros da Liga do Peloponeso, xa ceibes do control espartano, implantaron réximes de signo democrático.
 
Á fronte de Tebas situáronse dous estrategos de gran valía: [[Epaminondas]] e [[Pelópidas]]. O primeiro levou a guerra ao corazón do Peloponeso, para render os derradeiros redutos fieis a Esparta. A situación fíxose tan insostíbel que buscou nos seus seculares inimigos, os atenienses, como aliados coa esperanza de que estivesen temerosos da supremacía de Tebas. Estes enviaron ao Peloponeso as tropas que se limitaron a interromper as súas liñas de subministrosubministración, e o exército tebano veuse na obriga de se retirar cara á súa cidade.
 
Isto bastou para que se estreitasen as relacións entre Esparta e Atenas, pero no ano seguinte, Epaminondas levou a cabo a súa segunda expedición contra a Lacedemonia, logrando a adhesión de [[Sicíone]], cidade ao norte do Peloponeso, interveu en Tesalia e incluso en Macedonia.
Liña 311:
Como en ocasións anteriores, os propios socios de Tebas foron os que pronto se amosaron cansos daquel dominio e xurdiron os movementos de afirmación local. De novo foron os persas os que chamaron a paz, esta vez no Santuario de [[Delfos]], pero non chegaron a ningún acordo porque ninguén quería renunciar aos seus supostos dereitos e a guerra continuou. Ao ano seguinte foi Tebas a que pediu a paz, esgotada polo esforzo militar e por non chegar a ningún resultado duradeiro. Esta paz asinouse no [[-366|366]] a. C.. Tebas abandonou o Peloponeso e Atenas seguiu tecendo o seu imperio marítimo.
 
Transcorreron dous anos e unha vez máis a situación complicouse e conduciu a outro enfrontamento. En [[Arcadia]] o movemento localista foi atraendo máis e máis partidarios, co que se chegou a formar unha liga, que se dedicou a buscar apoios. No seo da Liga unha facción inclinábase por manter unaunha estreita relación con Tebas, garante de que a rexión non volvería á órbita de Esparta, e cuxo núcleo estaba en [[Texea]], mentres que a política de distanciamento de Tebas estaba en [[Mantinea]]. Con motivo dun intento de golpe de estado en Texea, ao parecer promovido por Tebas, deu lugar ao enfrontamento das diferentes políticas e os seus aliados. Todo rematou na [[Batalla de Mantinea (362 a. C.)|batalla de Mantinea]], que tivo a maior transcendencia para a historia de Grecia, porque non só representou o final da hexemonía de Tebas, senón o preludio do fin do réxime das polis e dunha serie de constantes deica entón na historia da Hélade. Foi o fin dunha época. Epaminondas morreu na batalla. Os tebanos, que gañaran polas armas, déronse por vencidos, pero ninguén se deu por vencedor.
 
== Macedonia ==