Terebinto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Marcio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Marcio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 17:
}}
[[Ficheiro:Pistacia terebinthus MHNT.BOT.2009.13.55.jpg|miniatura|''Pistacia terebinthus'']]
A '''''Pistacia terebinthus''''', coñecida como '''terebinto'''<ref>{{DRAG|terebinto}}</ref>, é unha especie de [[Anxiosperma|planta con flor]] pertencente á familia das Anacardiáceas e nativa da rexión mediterránea, desde [[Marrocos]] e [[Portugal]] no oeste ata [[Turquía]] e [[Siria]] no leste, aínda que tamén se atopa nas illas [[Canarias]]. En galego recibe ademais o nomes de '''escornacabras'''<ref>{{DRAG|escornacabras}}</ref> e '''cornabude'''<ref>{{DRAG|cornabude}}</ref><ref>Nome vulgar da ''Pistacia terebinthus'' e tamén da ''Sorbus aucuparia'' ou [[capudre]] no ''Termos esenciais de botánica'', páx. 36, Universidade de Santiago de Compostela, 2004.</ref>, pero hai que ter en conta que estes son tamén nomes comúns doutras especies<ref>Resultado da busca "capudreescornacabras" no Dicionario de dicionarios. [http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=escornacabras&tipo_busca=lema]</ref>.
 
Trátase dunha pequena árbore ou grande arbusto [[caducifolio|deciduo]] que pode chegar ata os 10 m, aínda que normalmente alcanza unha altura máis modesta en torno ós 5 m. As follas son compostas de 10-20 cm de longo con varios folíolos máis pequenos (5-11) que xorden da principal. As flores teñen unha cor vermella purpurada, aparecendo coas follas a principios da [[primavera]]. Os froitos son pequenos bagos vermellos de 5-7 mm de longo, que escurecen ó madurar. Todas as partes da planta teñen un forte cheiro resinoso.