Capudre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Marcio (conversa | contribucións)
Aclaración sobre homonimia con referencia
Marcio (conversa | contribucións)
Aclaración sobre homonimia con referencia
Liña 18:
| binomial_authority = [[Carl von Linné|L.]]
}}
O '''capudre'''<ref name = Tbotánica>''Termos esenciais de botánica'', páx. 28, Servizo de Normalización Lingüística, Universidade de Santiago de Compostela, 2004.</ref><ref name = VForestal>''Vocabulario forestal'', páx. 52, Servizo de Normalización Lingüística, Universidade de Santiago de Compostela, 2012</ref> ou '''cancereixo'''<ref name = Tbotánica/><ref name = VForestal/><ref>{{DRAG|cancereixo}}</ref> ('''''Sorbus aucuparia''''') é unha [[árbore]] de tamaño mediano da familia das [[Rosáceas]] que raramente pasa dos 15 metros, a súa distribución cobre toda [[Europa]], de [[Islandia]] a [[Rusia]] e a [[Península Ibérica]], tolerante ao frío pódese atopar en altitudes altas. Os seus froitos, semellantes a [[cereixa]]s, son doces e acedos a un tempo, cun alto contido en [[vitamina C]].
 
== Etimoloxía ==
A [[Real Academia Galega]] só recolle o nome de '''cancereixo'''. Porén, noutros dicionarios recóllese o termo "capudre", e variedades dialectais coma ''capudrio'', vocábulo que parece derivar dunha raíz indoeuropea, posibelmente do [[celta]]: ''triu'', ''treow'' (árbore)<ref>[http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=capudre&tipo_busca=lema]</ref>. Nalgunhas zonas tamén recibe os nomes de '''canfreixo''', '''escornabois''' e '''cornabude'''<ref name = VForestal/><ref>Nome vulgar da ''Sorbus aucuparia'' e tamén da ''Pistacia terebinthus'' ou [[terebinto]] no ''Termos esenciais de botánica'', páx. 36, Universidade de Santiago de Compostela, 2004.</ref>, pero hai que ter en conta que estes dous últimos son tamén nomes comúns doutras especies<ref>[http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=capudre&tipo_busca=lema]</ref>.
 
== Descrición ==