Alcoholismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
Isili0n (conversa | contribucións)
Hipoglicemia.
Liña 12:
Os tratamentos para poder combater o alcoholismo inclúen programas de desintoxicación realizados por institucións médicas. Isto pode supor a estancia do paciente durante un período indeterminado (quizais varias semanas), baixo tutela en hospitais especializados onde poida que se utilicen determinados medicamentos para evitar a síndrome de abstinencia. Despois do período de desintoxicación, pode someterse ó paciente a diversos métodos de terapia de grupo ou [[psicoterapia]] para tratar problemas psicolóxicos de fondo que poidan levar ó paciente á dependencia. Ademais, pódese apoiar o programa con terapias que inciten ó paciente a repugnar o alcohol mediante [[fármaco]]s como o Disulfiram, que provoca fortes e repentinas resacas sempre que se consuma alcohol.
 
A terapia nutricional é outro tratamento. Moitos alcohólicos teñen síndrome de resistencia á [[insulina]], unha desorde metabólica debido á cal o corpo non regula correctamente o [[azucre]] causando un subministro inestable á circulación sanguínea. Aínda que esta desorde se pode tratar cunha dieta hipoglucémicahipoglicémica, isto pode afectar ó seu comportamento e o seu estado anímico. Estes síntomas son efectos secundarios que se observan frecuentemente en alcohólicos sometidos baixo tratamento de desintoxicación. Os aspectos metabólicos do alcoholismo adoitan pasarse por alto dando como resultado tratamentos de dubidosos resultados.
 
Nos anos [[anos 1990|90]], os grupos de consultas de autoaxuda foron adquirindo notoriedade polos seus logros. Esta fama chega ata os nosos días (en [[2007]]), sendo [[Alcohólicos Anónimos]], quizais, o exemplo máis significativo deste movemento.