Grecia antiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Véxase tamén: {{Commonscat}}
Liña 351:
No [[-334|334]] a. C. o exército da [[Liga de Corinto]], no que predominaban os elementos macedónicos até sumar uns 40.000 homes entre as forzas da infantería e cabalería, atravesou o Helesponto e venceu aos persas nun encontro xunto do [[río Gránico]], na [[Frixia (rexión)|Frixia]]. Despois, Alexandre foi descendendo cara o sur e conquistando as cidades gregas deica [[Halicarnaso]], a máis meridional. Pero non as entregou á Liga, senón que as incorporou ao reino de Macedonia, o que deu lugar ás primeiras mostras de descontento.
 
Se os persas estivesen minimamente á altura do seu adversario, terían atacado Grecia e terían cortado as súas liñas de subministrosubministración, tal como aconsellaba [[Memnón de Rodas]], un grego que cun grupo de mercenarios se pasara ao bando persa e sabía como se aproveitar das inimizades que Alexandre creara. Pero os persas optaron pola batalla campal, confiando en que se atopaban no seu territorio e cunha evidente superioridade numérica.
[[Ficheiro:Battle_of_Issus.jpg|miniatura|300px|Alexandre fronte a Darío na [[Batalla de Isus]].<br />[[Mosaico]] [[Roma Antiga|romano de [[Pompeia]] ([[século I]]).]]
A segunda grande batalla tivo como escenario [[Issos]], na costa siria, e de novo prevaleceron as armas gregas ([[-333|333]] a. C.). Darío III, consternado, dedicouse a reorganizar o exército mentres Alexandre se facía co dominio de toda a fachada mediterránea do Imperio. Á vista dos acontecementos, Darío amosouse disposto a lle ceder tódolos territorios a Oeste do [[Éufrates]], pero iso era algo que Alexandre xa conquistara, de xeito que declinou a súa oferta.