Igrexa ortodoxa copta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *pergunta e outros
Liña 5:
|nome nativo=
|imaxe = Coptic cross.svg
|nota = Cruz coptacoptapergun
|data fundación = [[Século I]]
|lugar fundación =
Liña 37:
 
==== A Escola de Alexandría ====
A nova relixión distinguiuse desde os seus inicios por unha intensa actividade intelectual. En [[Alexandría]], a cidade máis cosmopolita do Imperio Romano após roma, naceu arredor do [[190]] a Escola Teolóxica, a Didascalea, fundada por [[Pantaneo]]. Nesta, a primeira escola [[catequese|catequista]], explicaron [[Clemente de Alexandría]], [[Atanasio de Alexandría]], [[Atenágoras de Atenas]], [[Dídimo o Cego]], [[Pantera]] e o grande [[Oríxenes]], considerado o pai da [[teoloxía]]. [[Oríxenes]] foi autor tamén de comentarios (máis de 6000) e de estudos bíblicos comparados, A escola foi visitada por moitos eruditos, como [[San Xerome]]. Ademais de teoloxía explicábase ciencia, matemáticas e humanidades usando o método de perguntapregunta e resposta e, quince séculos antes do [[Braille]], xa se usaban gravuras sobre madeira para ler e escribir.
 
(Co mesmo nome estableceuse unha facultade de teoloxía en Alexandría en 1893, con campus en Alexandría, [[Cairo]], [[Nova Jersey]] e [[Os Ánxeles]], para seminaristas coptos.)
 
==== O monasticismo e o traballo misionario ====
No [[século III]], durante as persecucións de [[Diocleciano]], algúns cristiáns escaparon para o deserto e ficaron alá para orar unha vez rematadas. Así comezou o [[monasticismo]], reorganizado por [[Santo Antonio o Grande]] e [[Pacomio]] no [[século IV]]. A finais deste século existían centos de mosteiros e miles de celas e covas repartidas por todas as montañas exipcias. Algúns deses mosteiros existen aindaaínda hoxe en día.
 
O monasticismo exipcio atraeu a atención dos cristiáns doutras partes do mundo, que visitaron Exipto e levaron con eles as ideas monásticas, expandindo o monasticismo por todo o mundo cristián. [[San Basilio]], organizador do movemento monástico en [[Asia Menor]], visitou Exipto arredor do [[357]] e a súa [[regra (monástica)|regra]] séguese nas Igrexas de Oriente; [[San Xerome]], de camiño a [[Xerusalén]], parou en Exipto e recolleu a experiencia nas súas cartas; [[Bieito de Nursia|San Bieito]] fundou mosteiros no [[século VI]] seguindo o modelo de Pacomio pero nunha forma máis estrita.
Liña 54:
 
==== O [[Concilio de Éfeso]] ====
No [[século V]] xurdiu outra disputa teolóxica, neste caso sobre os ensinamentos de [[Nestorio, Patriarca de Constantinopla|Nestorio]], Patriarca de [[Constantinopla]] que ensinaba que Deus non estaba unido [[hipostaticamente]] coa súa natureza humana, senón que habitaba no home [[Xesús Cristo]]. En secuencia, denegáballe o título de "Nai de Deus" (''Theotokos'') á [[Virxe María]], considerándoa simplemente "Nai de Cristo" (''Christotokos''). Ao chegar ao coñecemento do Patriarca da Santa Sé de San Marcos, este solicitoulle a Nestorio que renegase. Como non o fixo, o [[Sínodo]] de Alexandría reuniuse e o [[patriarca]] [[Cirilo I de Alexandría]], envioulle unha carta que contiña o que sería o artigo máis famoso da Ortodoxia Alexandrina, "Os Doce [[Anatema]]s de [[San Cirilo]]". Neles, excomungábase aos nestorianos.
 
O [[Primeiro Concilio Ecuménico de Éfeso]] confirmou os ensinamentos de [[Santo Atanasio]], confirmou o título da Sempre Santa Virxe María como "Nai de Deus" e anatemizou a quen separase a [[Xesús Cristo]] en dúas [[hipóstase (filosofía)|hipóstase]]s. O nestorianismo reviviu após a porte de [[San Cirilo]]. Esta controversia permitiulle á Igrexa de Alexandría reaccionar contra a sé patriarcal constantinopolitana, centro tamén do poder político [[Bizancio|bizantino]], ao que pertencía Exipto.
Liña 67:
 
==== Conquista árabe de Exipto ====
A conquista produciuse entre [[639]] e [[642]]. Nun principio, aos cristiáns permitíuselles practicar a súa relixión, baixo as restricións da lei [[islam|islámica]] (''[[Shari'a]]'') pero, unha vez consolidada a conquista, instaurouse un réxime discriminatorio. Neste proceso influíron as persecucións lanzadas especialmente durante o reino do [[califa]] [[fatimí]] [[Al-Hakim bi-Amr Allah]] ([[996]]-[[1021]]), a chegada das [[Cruzada]]s e a represión que causaron e a aceptación do [[Lingua árabe|árabe]] como lingua para a liturxia polo Papa de Alexandría [[Gabriel ibn-Turaik]] ou Gabriel II. As conversións aceleráronse e a Igrexa non puido presentar oposición. A sé patriarcal alexandrina traspasouse ao [[O Cairo|Cairo]] a mediados do [[século XI]]; os homes e as mulleres foron separados nas igrexas; impúxose o descalzarse á entrada nos lugares de culto; fecháronse os seminarios e escolas teolóxicos. A última literatura cristiá son a obra enciclopédica ''Colección de dogmas da relixión'' do [[século XIII]].
 
Durante as dominacións [[mameluco|mameluca]] ([[1254]]-[[1517]]) e [[turco-otomano|turco-otomana]]otomá ([[1517]]-[[1811]]), o cristianismo copto refuxiouse no ámbito rural do [[Alto Exipto|Alto]] e Medio Exipto e ao bordo do deserto. Os coptos foron ignorados durante todo este tempo. A comezos do [[século XIX]], a Igrexa copta contaba só con 12 bispos, uns 100 lugares de culto e sete mosteiros con 50 monxes.
 
==== Desde o século XIX á revolución de 1952 ====
Liña 88:
 
=== Os fieis ===
Os cristiáns ortodoxos coptos din seren uns 40 millóns, dez en Exipto, 30 en [[Etiopía]], dous en [[Eritrea]] e máis en [[Sudán]], [[Israel]] e a [[diáspora]]. As igrexas ortodoxas procuran actualmente recoñecerse e aceptar ritos, como o [[bautismo|bautizo]] e o [[matrimonio]] celebradas por outras.
 
Os cristiáns coptos celebran o [[Nadal]] o [[7 de xaneiro]], que se corresponde co [[25 de decembro]] do [[calendario xuliano]].<ref>{{cita web |url=http://www.copticchurch.net/topics/coptic_calendar/nativitydate.html |título=The Glorious Feast of Nativity: 7 January? 29 Kiahk? 25 December? |dataacceso=1 de abril de 2014 |autor=Fr. John Ramzy |editor=Coptic Orthodox Church Network}}</ref> Desde [[2002]] é festivo oficial en Exipto.