Cofre das Ágatas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Liña 15:
Agás a base e a placa superior, o Cofre das Ágatas está recuberto con láminas de ouro repuxadas e enfeitizadas con temas florais estilizados. Nesas láminas de ouro realizáronse noventa e nove aberturas, a maioría delas en forma de [[Arco de ferradura|arcos de ferradura]], de [[Arco de medio punto|medio punto]], peraltados ou semielípticos, aínda que tamén conta con aberturas elipsoidais de formas irregulares e de diferentes tamaños. As noventa e nove aberturas reenchéronse con placas de ágata listada de 3 mm. de grosor.
 
Os laterais da caixa divídense en dous niveis, separados pola abertura que separa a caixa da tapa, e están adornados cunha moldura ondulada na que se incrustan xemas e algunas representacións de animais. 
 
A base do cofre é de prata maciza e está suxeita por medio de cento vinte e nove cravos. Nesta base atópase unha inscrición que contén os nomes dos dodoresdoadores e unha representación do ''[[Tetramorfo|Tetramorfos.]]'' OOs catro símbolos dos evanxelistas aparecen rodeando unha representación estilizada da [[Cruz da Vitoria]], tamén conservada na Cámara Santa de Oviedo, e doada á catedral ovetense por [[Afonso III de Asturias|Alfonso III]], e pola súa dona, a raíña [[Ximena Garcés]], no ano 908. Nesta base atópanse ademais catro semiesferas con beiril fileteado que serven de soporte á caixa, á que están unidas mediante craviños.
 
A placa colocada no remate da cobertoira é máis antiga que o resto do Cofre das Ágatas. Algúns&nbsp; autores sosteñen que puido ser un cinto franco, realizado no século VIII, ou ben un broche-relicario de estilo carolinxio, labrado ao redor dos [[Século VIII|séculos VIII]] e [[Século IX|IX]].<ref>{{Cita libro|apellidosapelidos=Hevia Blanco|nombre=Jorge|enlaceautor=|coautores=Gema Elvira Adán Álvarez|editorial=Universidad de Oviedo. Servicio de Publicaciones|editor=|título=La intervención en la arquitectura prerrománica asturiana|url=http://books.google.es/books?id=ASKwYAXsPhQC&dq=cruz+de+los+angeles+1934&source=gbs_navlinks_s|edición=|añoano=1997|ubicaciónlugar=Oviedo|isbn=8483170116|páginaspáxinas=277|capítulo=La reconstrucción de las joyas de la Cámara Santa|urlcapítulo=|cita=}}</ref><ref>''La Catedral de Oviedo''.</ref> A base da placa é de ouro e está rodeada por celas tabicadas que conteñen fragmentos de granate, e que se prolongan no interior da placa formando debuxos curvilíneos. Nos catro ángulos da placa hai colocadas catro xemas en cabochóns de bordo semicircular, outras catro nos medianeiros longos, tres no eixo maior, e unha no centro. Os espazos carentes de ornamentación da placa enchéronse con esmaltes policromados que forman dragóns, cuadrúpedos, paxaros, peixes, réptiles e árbores estilizadas. Na placa había 655 granates, 4 [[perla]]s, 12 [[Esmalte (revestimento)|esmaltes]] e 13 cabochóns.
 
Polo seu formato e estilo ten relación coa Arqueta de San Xenadio, doada polo rei&nbsp;[[Afonso III de Asturias|Alfonso III]]&nbsp;a San Xenadio, bispo de Astorga entre os anos [[900]] e [[919]].<ref>[http://web.archive.org/web/http://fuesp.com/revistas/pag/cai0319.html El programa iconográfico de las cajas de Astorga y de las Ágatas.]</ref>