Lockheed Constellation: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiño
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *surxindo e outros
Liña 17:
}}
 
O '''Lockheed Constellation''' foi un avión de pasaxeiros estadounidense moi popular durante os anos 50. Realizou o seu primeiro vóovoo o [[9 de xaneiro]] de [[1943]] como transporte militar baixo a denominación C-69, ao ser requisados os primeiros avións fabricados polos militares debido á [[Segunda Guerra Mundial]].
 
== Deseño ==
O Constellation foi deseñado polo enxeñeiro de [[Lockheed]] Kelly Johnson, aínda que estaba baseado nun deseño semellante mercado ao construtor británico Fairey. A Lockheed construíuno segundo especificacións da aeroliña [[TWA]], que nese tempo era propiedade do famoso [[Howard Hughes]].
 
A [[Segunda Guerra Mundial]] comezou para os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] antes de que o prototipo fixese o seu primeiro voo, e os primeiros aparatos en saír da factoría foron requisados e entregados á [[USAAF]], que usounos coa denominación C-69. O primeiro prototipo seguiu lucindo as cores da [[TWA]] con motivos publicitarios, a pesarespesar de pertencer aos militares, e foi usado por [[Howard Hughes|Hughes]] para bater unha marca de vóovoo transcontinental en [[1944]].
 
A súa primeira versión civil, o L-049 Constellation, entrou en servizo en [[1946]], despois de rematada a guerra, coas aeroliñas estadounidenses [[TWA]], que financiou grande parte do seu desenvolvimentodesenvolvemento, e [[Pan Am]], a cal realizou os primeiros servizos trasatlánticostransatlánticos co Constellation. Este modelo inicial tiña unha capacidade de entre 43 e 60 pasaxeiros. Versións posteriores, o L-649 e o L-749, tiveron unha capacidade de pasaxe, unha potencia e unha autonomía maiores, e a partir delas desenvolveuse o L-1049 Super Constellation.
 
O Super Constellation tiña unha fuselaxe máis longa e o seu prototipo (o mesmo prototipo do C-69 transformado) realizou o seu primeiro vóovoo o [[13 de outubro]] de [[1950]]. Entrou en servizo en [[1951]] coa aeroliña Easter Airlines. Desta variante tamén foron surxindoxurdindo novas versións entre as que destacaron a L-1049G ''Super G'' con novos motores e tanques de combustible nas puntas das ás; a L-1049H que podía facer a función de cargueiro ou transporte de pasaxeiros cunha capacidade de ata 109 prazas; e o último desenvolvemento do Constellation, o L-1649A Starliner, que foi posto en vóovoo en [[1956]] e tiña un novo deseño das ás, unha maior lonxitude e máis capacidade de combustible, o que lle permitía facer vóosvoos trasatlánticostransatlánticos sen escalas.
 
O Constellation tivo tamén varias versións militares. Á parte do C-69 inicial a Forza Aérea dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] pedíu en [[1948]] dez L-749 aos que chamou C-121A e VC-121B. Os pedidos posterires, que tamén foron denomnados C-121, foron todos Super Constellation normais. A Armada dese país tivo tamén Super Constellation, que foron usados como transportes (algúns deles fixeron tamén tarefas meteorolóxicas) e como alerta temperá aerotransportada, estes últimos bautizados como Warning Star.