Cartaxena: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 29:
A economía de Cartaxena baseouse tradicionalmente na explotación de [[chumbo]], [[prata]] e [[cinc]] da serra mineira e o sector químico (sulfuro, abonos fosfatados e explosivos). Na actualidade, esgotados os filóns mineiros, Cartaxena vive principalmente da construción e reparación naval, o refinado de petróleo e a exportación de aceite de oliva, froitas, cítricos, hortalizas, esparto, viño e produtos metálicos. Así mesmo, é unha das principais bases navais do país, xunto con [[Rota, Cádiz|Rota]] e [[Ferrol]], e un emerxente destino turístico grazas ao seu denso patrimonio artístico, legado de máis de 2.500 anos de historia.
 
Cartaxena é famosa polas súas festas maiores de [[Cartaxineses e Romanos]] e as procesións de [[Semana Santa]]. Do seu vasto patrimonio monumental destacan o [[Submarino Peral]] exposto no [[Porto de Cartaxena|porto]], o recentemente restaurado [[Teatro Romano de Cartaxena|Teatro Romano]] (o máis grande da península tras o de [[Mérida, España|Mérida]]), numerosos restos arqueolóxicos de época [[Cartago|cartaxinesa]] e romana, fortalezas, baterías de costa, edificacións de carácter militar e numerosos edificios [[Modernismo|modernistas]] e [[Neoclasicismo|neoclásicos]].
 
Como capital lexislativa da [[Comunidade Autónoma]], Cartaxena é sede da [[Asemblea Rexional de Murcia|Asemblea Rexional]].