División celular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: | coautores = → |autor2= using AWB
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 36:
:Tamén se denomina xemación á [[reprodución asexual]] de certos animais, como o [[cnidario]]s, [[Poríferos|esponxas]] e [[briozoo]]s, nos que unha xema que aparece no corpo do individuo inicial, crece formando un individuo novo; pero isto é un modo de reprodución asexual do animal máis que un tipo de división celular.
* '''Esporulación'''. A [[esporulación]] dáse nalgúns [[protozoo]]s, nos que en determinados momentos do seu ciclo vital a célula nai se rodea dunha cuberta resistente que a illa do exterior. Despois o núcleo divídese varias veces e orixina no interior da célula nai varias células fillas. Cando rompe a cuberta da célula nai saen as células fillas ou esporas, que, en condicións favorables, desenquístanse e orixinan células vexetativas normais.
:Tamén se denomina esporulación á formación de esporas das plantas [[fento|pteridófitas]], [[briófita]]s e dos [[Fungo (bioloxía)|fungos]]. Neste caso trátase dun tipo de reprodución asexual de todo o organismo por medio da liberación e posterior xerminación de esporas. As bacterias tamén poden formar endosporas[[endospora]]s de resistencia, que é unha forma de enquistamento e non de división.
* '''Amitose'''. A [[amitose]] é un tipo de división diferente da mitose. Na amitose o núcleo divídese por constrición, sen que se observe condensación da cromatina en cromosomas nin ningunha das fases ou cambios morfoxenéticos típicas da mitose. A repartición de cromosomas nas células parece ser aleatorio, polo que non aseguraría que as células fillas leven o mesmo número de cromosomas. Dáse tipicamente en protozoos [[ciliado]]s con macronúcleo [[poliploide]] con funcións vexetativas e micronúcleo diploide con funcións reprodutoras, como parte do seu ciclo de vida. No micronúcleo a división é por mitose e a repartición de cromosomas entre as células fillas é exacto, pero no macronúcleo a división faise por amitose.
:Tamén se fala de amitose na reprodución anormal de certas células patolóxicas no home e outros mamíferos <ref>Mitteilungen K. Amitosis in a new ascites tumor. http://www.springerlink.com/content/q5555k44j7u67681/</ref>. Pero observáronse amitoses tamén en células normais, como as adrenais e outras<ref name="pmid1802124">{{Cita publicación periódica |author=Magallães MC, Pignatelli D, Magallães MM |título=Amitosis in human adrenal cells |journal= |volume= |pages= |year= |pmid=1802124 |doi=}}http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/1802124</ref>. Nos piñeiros irradiados de Chenobil (Ucraína) tamén se observaron casos de amitose<ref>Butorine A, Evstratov N. Amitosis in Pine as a result of Chronic Effects of Low Doses of Radiation and Chemical pollution. http://www.metla.fi/iufro/iufro95abs/d2pap55.htm</ref>.