Elefante asiático: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 45:
Pola súa utilidade dende tempos antigos, os elefantes indios son profundamente respectados en Oriente e forman a miúdo parte dos relatos relixiosos. Así, por exemplo, o deus [[Vighneshwara|Ganesh]] do [[hinduísmo]] ten testa de elefante; no [[budismo]], os elefantes brancos son sagrados porque a nai de [[Buda]], Maya, quedou embarazada del logo de soñar que un elefante albino se introducía no seu ventre. Este respecto viuse acrecentado polo feito de que os elefantes indios poden captar [[infrasón]]s e vibracións do chan, o que lles permite alertar dun dos frecuentes tremores de terra que se abaten sobre a súa zona de distribución antes de que os humanos sospeiten sequera que vaia a producirse.
 
Os elefantes indios son cazados por furtivos moito máis raramente que os elefantes africanos, pois a facilidade coa que se capturan individuos salvaxes vivos (ós que se adoita cortar os cairos) fan que o seu [[marfil]] non sexa un ben excesivamente difícil de conseguir. De todos xeitos, a destrución do seu [[hábitat]] natural para deixar paso á agricultura e o feito de que os animais domesticados case non se reproducen situaron á especie igualmente ó bordo da desparicióndesaparición.
 
== Subespecies ==