Diferenzas entre revisións de «Hunos»

m
Bot: Arranxos varios
m (Bot: Arranxos varios)
Os '''hunos''' eran un dos [[pobo bárbaro|pobos bárbaros]] máis violentos e ávidos da [[guerra]]s e pillaxes. Eran [[nómade]]s (non tiñan vivenda fixa e vivían percorrendo campos e bosques) e eran excelentes criadores de [[cabalo]]s. Como non construían [[casa]]s, vivían nos seus carros e tamén en barracas que armaban nos camiños que percorrían. A principal fonte de renda dos hunos era a práctica do saqueo dos pobos dominados. Cando chegaban nunha rexión, espallaban o medo, pois eran extremadamente violentos e crueis cos inimigos. O principal líder deste pobo foi [[Atila o Huno|Atila]], o líder huno responsábel de diversas conquistas, guerras e batallas.
 
Desde que foron criados os primeiros cabalos fortes dabondo para seren montados, a historia da [[Asia]] e da [[Europa]] foi interrompida, periodicamente, por conquistadores bárbaros, cabalgando pola planicie e criando imperios.
 
== A Estepa ==
A vida na Estepa da [[Asia Central]] é extremadamente dura; homes e mulleres dependen para case todo dos seus rabaños e do comercio coas nacións civilizadas á súa volta. As temperaturas no inverno descenden a -40 ° C, e a auga é un recurso precioso. Simplemente sobrevivir nese ambiente é un éxito.
 
== Atila ==
[[Ficheiro:AttilatheHunonhorsebackbyGeorgeSStuart.jpg|miniatura|200px|"Atila o huno", representación do escultor [[George S. Stuart|George S. Stuart]]]]
[[Atila o Huno]], que era anón, foi considerado un dos responsábeis da caída do [[Imperio Romano]]. As [[tribo]]s xermánicas que conquistaron grandes anacos do [[Imperio]] estaban na verdade fuxindo de Atila, coñecido como o [[Flaxelo de Deus]].
 
Moi pouco se sabe da vida de Atila antes del, por volta de [[433]] e con máis ou menos 25 anos, subir ao trono de rei dos Hunos, xuntamente con seu irmán [[Bleda]], a quen asasinou en [[445]]. Segundo a lenda, Atila tería morto o seu primeiro inimigo aos seis anos de idade e levaba a espada do deus da guerra. Tiña, segundo os cronistas, 1,20 metros de altura. No [[447]], Atila invadiu o Imperio Romano, derrotando todos os exércitos romanos e deixando só de conquistar [[Constantinopla]] grazas ás murallas da cidade.
 
O emperador pasa a pagar un imposto de 900 quilos de ouro anual aos hunos. No ano [[450]], o novo emperador rexeita pagar o tributo. En vez de invadir o [[Imperio de Oriente]], Atila invade o lado occidental do Imperio; non soamente era este máis feble, ademais el tiña unha desculpa: a irmá do emperador, Honoria, fora aprisionada, sospeitosa de traizón. Da prisión, ela enviou o seu anel a Atila, pedíndolle que servise de campión. Atila declarou que consideraba o xesto unha oferta de casamento, e pediu a metade do Imperio como dote. No [[451]], xunto con [[Xeiserico]], rei dos [[vándalos]], invade o imperio cun exército con, segundo os cronistas da época, 600.000 homes. (O número real probábel, segundo historiadores modernos, achegábase máis a 150.000, aínda así enorme para o [[século V]].). Na [[batalla de Châlons]], Atila é derrotado polo xeneral romano [[Aecio]], mais este non ten tropas dabondo para impedir que o exército huno atravese o [[río Danubio|Danubio]] de volta, máis ou menos intacto. No ano seguinte, Atila invadiu novamente o Imperio, sen que desa vez ningún exército se opuxese a el. Ás portas de Roma, dá a volta, sen que ata hoxe se saiba exactamente por que. Dous anos despois, Atila morreu dun derramo. Cando a noticia chegou a [[Roma]] e Constantinopla, rezáronse misas en todas as Igrexas agradecéndollo a Deus.
393.002

edicións