Diferenzas entre revisións de «Cánnabis (droga)»

m
Bot: Arranxos varios
m (Bot: Arranxos varios)
O '''cánnabis''' é unha [[droga]] extraída da planta ''[[Cannabis sativa]]''. Na súa forma vexetal chámase '''marihuana''' e na súa forma resinosa chámase '''[[haxix]]'''.
 
Trátase dunha substancia [[psicoactiva]] que se consume habitualmente por vía respiratoria, en forma de [[cigarro]], aínda que tamén é posible o seu consumo por vía oral, normalmente en preparados ó efecto.
 
A marihuana preséntase en diferentes formas. A máis coñecida son as flores secas (normalmente os gromos das plantas femininas). Existe tamén o "aceite de cánnabis", en inglés ''honey oil'' ('aceite de mel'), que é un concentrado cuxa extracción xeralmente implica o uso de disolventes como o [[alcohol]] e os filtrados con [[carbón activo]], o cal potencia os seus efectos.
 
== Formas de consumo ==
A forma máis usual de consumo é en forma de cigarro leado á man: nestes casos úsanse directamente as follas ou os gromos, secos e desfeitos, ou ben a resina mesturada co tabaco louro. Outros métodos inclúen o uso de pipas comúns e de "narguiles" ou "cachimbas" (pipas de auga), para fumar o cánnabis mentres arrefría o fume, ou no caso dos "bongs", quitando o alcatrán ou as impurezas non desexadas.
 
O cánnabis úsase tamén na [[cociña]], para a preparación de [[receitas]] como "space cake" ('torta espacial') e "hash brownies" ('bolos con haxix'). A inxestión por vía oral debe ser sempre ben medida, xa que desta forma se ingresa moita máis porcentaxe de THC que fumado ou vaporizado. Ademais, ao ser inxerido, o [[THC]] pasa polo [[fígado]] antes de chegar ao [[cerebro]], sufrindo leves cambios no fígado, que converten o THC noutra substancia distinta, con máis poder psicodélico e que pode provocar ataques de pánico. Tamén pode tomarse disolvéndoo en copas de café, creando así un "bhang" (do hindi).
 
A [[posoloxía]] é variable, como é natural, e depende do xénero consumido e da persoa, aínda que algúns expertos{{cómpre referencia}} no seu consumo informan que non se rexistra [[intoxicación]] letal ningunha (nin sequera intoxicación aguda) por vía respiratoria. A intoxicación aguda por vía dixestiva require grandes cantidades do produto.
 
== Usos ==
Basicamente a marihuana produce os seguintes efectos:
* No plano fisiolóxico: aumento do apetito, secura da boca, enroibamento da [[conxuntiva]] dos ollos, brillantez da córnea, taquicardia, suoración, analxesia moderada, somnolencia e dificultades na coordinación motora.
* No plano psicolóxico: sensación de euforia, relaxación, desinhibición, cambios sensoriais e perceptivos, perda de concentración e diminución da coordinación. En altas doses pode provocar alucinacións (este é o efecto que fai que algúns autores consideren á marihuana como un alucinóxeno menor).
 
Cando se consume fumada, o fume é rapidamente absorbido polos pulmóns e chega ao cerebro nun curto período de tempo, polo cal os seus efectos comezan a notarse aos poucos minutos, alcanzando o seu pico máximo ao cabo duns trinta minutos e prolongándose por dous ou tres horas.
 
Cando é inxerida por vía oral, os efectos demoran máis en aparecer e poden chegar a durar entre tres e catro horas.
 
En canto ao seu potencial adictivo, é dicir, en canto á súa capacidade para xerar dependencia, o cánnabis non parece dar lugar a dependencia física, aínda que se describiu certa reacción de abstinencia en usuarios crónicos ao interromper o seu consumo, caracterizada por ansiedade, irritabilidade, perda de apetito, tremores e insomnio.
 
Por outra banda, pode conducir a certa dependencia psicolóxica, entendendo por tal a dificultade para experimentar determinadas sensacións e facer fronte a certas esixencias cotiás se non se está baixo os efectos da substancia.
 
== Riscos ==
Os principais riscos do cánnabis están asociados aos efectos prexudiciais que podería chegar a xerar no sistema respiratorio cando é fumada. O fume da marihuana pode chegar a producir bronquite crónica, enfisema pulmonar e cancro de pulmón.
 
Debe terse en conta ademais que, para experimentar ao máximo os efectos desta substancia, os consumidores inhalan profundamente o fume, retéñeno ao máximo nos pulmóns e non usan filtro. Por outra banda, o consumo asociado de tabaco pode incrementar as probabilidades de que se dea algunha disfunción deste tipo no sistema respiratorio.
 
En canto ao sistema circulatorio, o consumo de cánnabis provoca de xeito case inmediato taquicardia, polo cal as persoas que padecen insuficiencia cardíaca ou hipertensión poderían ver empeorados os seus síntomas.
Pode entorpecer a memoria, sobre todo, a memoria a curto prazo, o cal dificulta a retención dos sucesos que se viviron baixo os efectos da substancia. Tamén pode alterar a capacidade de concentración.
 
En caso de ser consumida con alcohol, esta combinación pode dar lugar a lipotimias (mareos ou desmaios) como consecuencia da acción vasodilatadora do alcohol e o aumento no consumo cerebral de osíxeno que provoca o THC. O cerebro necesita máis osíxeno do habitual e dispón dunha cantidade menor do mesmo.
 
Podería ademais xerar certos problemas psiquiátricos naqueles usuarios crónicos cunha condición esquizofrénica preexistente.
393.002

edicións